Pantalla de inicio
A Pantalla de inicio é o punto de inicio para usar o dispositivo. É semellante ao escritorio
nunha pantalla de ordenador. A súa pantalla de inicio pode ter ata vinte paneis, que se
extenden máis aló do ancho normal da pantalla. O número de paneis na pantalla de
inicio está representado por unha serie de puntos na parte baixa da pantalla de inicio. O
punto remarcado amosa o panel no que está nese momento.
23
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
1
Introdución ao widget Xperia™: pulse para abrir o widget e seleccione unha tarefa, como copiar contido
desde o dispositivo anterior ou configurar os servizos Xperia™.
2
Puntos: representan o número de paneis da pantalla de inicio.
Para ir á pantalla de inicio
•
Prema .
Para navegar pola pantalla de inicio
Paneis da pantalla de inicio
Pode engadir novos paneis á pantalla de inicio (ata un máximo de vinte paneis) e
eliminalos. Tamén pode establecer o panel que quere usar como o panel principal da
pantalla de inicio.
Para establecer un panel como panel principal da pantalla de inicio
1
Toque e manteña calquera zona da pantalla de inicio ata que o dispositivo vibre.
2
Desprace rapidamente cara á esquerda ou cara á dereita para buscar o panel que
desexe establecer como panel principal da pantalla de inicio e logo pulse na
esquina superior esquerda da pantalla.
Para engadir un panel á súa pantalla de inicio
1
Toque e manteña calquera área da pantalla de inicio ata que o dispositivo vibre.
2
Para navegar polos paneis, desprácese de dereita a esquerda, logo pulse .
24
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para eliminar un panel da pantalla de inicio
1
Toque e manteña calquera área da pantalla de inicio ata que o dispositivo vibre.
2
Toque lixeiramente á esquerda ou á dereita para navegar cara ó panel que quere
eliminar, logo pulse na esquina superior dereita do panel.
Axustes da pantalla de inicio
Desinstalar unha aplicación dende a pantalla de inicio
1
Manteña presionada calquera zona da pantalla de inicio ata que o dispositivo
vibre.
2
Desprácese á esquerda ou á dereita para navegar polos paneis. Todas as
aplicacións que non se poden desinstalar indícanse con .
3
Pulse a aplicación que desexe desinstalar e logo pulse
Eliminar.
Algunhas aplicacións, indicadas cunha , pódense desactivar pero non se poden desinstalar.
Ao desactivar unha aplicación bórranse todos os datos, pero é posible activar de novo a
aplicación dende
Axustes > Aplicacións.
Para axustar o tamaño das iconas da pantalla de inicio
1
Toque e manteña calquera área na pantalla de inicio ata que o dispositivo vibre e
logo pulse .
2
Pulse
Tamaño das iconas e seleccione unha opción.