Sony Xperia M4 Aqua - Vista xeral das aplicacións

background image

Vista xeral das aplicacións

É posible que algunhas aplicacións non estean incluidas no seu dispositivo ou pode que non

sexan admitidas por todas as redes ou fornecedores de servizos en todas as rexións.

Use a aplicación Reloxo para establecer varios tipos de alarmas.

Use o seu navegador web Chrome para navegar e ver páxinas web, xestionar

marcadores, texto e imaxes.

Use a aplicación Calculadora para levar a cabo cálculos básicos.

Use a aplicación Calendario para controlar os seus eventos e xestionar as súas

citas.

Use a cámara para sacar fotos e gravar clips de vídeo.

Use a aplicación Contactos para xestionar os seus números de teléfono,

enderezos de correo electrónico e outra información relacionada cos seus

contactos.

Acceda ás súas aplicacións descargadas, documentos e imaxes.

Use a aplicación Correo electrónico para enviar e recibir correos electrónicos a

través das súas contas personais e profesionais.

Navegue e escoite emisoras da radio FM.

33

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Use a aplicación Álbum para xestionar, ver e editar as súas fotos e vídeos.

Use a aplicación Gmail™ para ler, escribir e organizar as mensaxes de correo

electrónico.

Procure información no seu dispositivo e na web.

Visualice a súa localización actual, busque outras localizacións e programe rutas

usando Google Maps™.

Use a aplicación Play Store™ para procurar aplicacións para mercar ou para

descargar de balde.

Use a aplicación Mensaxería para enviar e recibir mensaxes de texto e

multimedia.

Use a aplicación Vídeo para reproducir vídeos no seu dispositivo e compartir

contido cos seus amigos.

Use a aplicación Música para organizar e reproducir música e audiolibros.

Vexa as novas desde News Suite.

Faga chamadas telefónicas marcando o número de xeito manual ou coa función

de marcado intelixente.

Optimice a configuración para adaptala ás súas necesidades.

Use a aplicación Hangouts™ para falar con amigos en liña.

Identifique pistas de música que escoite e coñeza o intérprete, álbum e outra

información.

Use YouTube™ para ver vídeos de usuarios de todo o mundo e compartir os

seus propios vídeos.

O Xperia™ Movie Creator crea automaticamente montaxes de vídeos breves

empregando fotos e vídeos da súa colección existente.

Use a aplicación Asistencia técnica para acceder á asistencia técnica para o

usuario no seu dispositivo. Por exemplo, pode acceder á Guía do usuario, á

información sobre a solución de problemas e tamén a suxestións e trucos.

Use a aplicación Sketch para crear e explorar imaxes, e despois compartilas co

mundo.

Use a aplicación Novidades para descubrir novos xogos, aplicacións e contido

multimedia.

Goce da música, películas, xogos e aplicacións no seu dispositivo e obteña

acceso exclusivo ao contido único dispoñible soamente nos dispositivos

Xperia™.

Permaneza conectado cos seus amigos de xogos e cos xogos aos que máis lle

gusta xogar, merque en PlayStation®Store e moito máis.

Protexa o seu dispositvo frente a virus, software malicioso, intentos de roubo de

identidade e explotación en liña.

34

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.