Sony Xperia M4 Aqua - Widgets

background image

Widgets

Os widgets son pequenas aplicacións que pode usar directamente na pantalla de inicio.

Tamén funcionan como accesos directos. Por exemplo, o widget do Tempo permítelle

ver a información básica do tempo directamente na súa pantalla de inicio. Pero ao pulsar

o widget, ábrese a aplicación completa do Tempo. Pode descargar máis widgets desde

Play Store™.

Para engadir un widget á pantalla de inicio

1

Manteña tocada unha zona baleira na súa Pantalla de inicio ata que o dispositivo

vibre e, a continuación, pulse

Widgets.

2

Localice e pulse o widget que desexe engadir.

Para redimensionar un widget

1

Toque e manteña un widget ata queo teléfono vibre, entón libéreo. Se o widget

pode redimensionarse, por exemplo, o widget de Calendario, aparece un marco

resaltado e os puntos para redimensionar.

2

Arrastre os puntos cara ao centro ou cara a fóra para reducir ou ampliar o widget.

3

Para confirmar o novo tamaño do widget, pulse calquera lugar na Pantalla de

inicio.

Para mover un widget

Toque e manteña o widget ata que o dispositivo vibre; a continuación, arrástreo

ata a nova posición.

Para quitar un widget

Toque e manteña o widget ata que o dispositivo vibre; a continuación, arrástreo

ata

Eliminar da pantalla de inicio.