
Execución de probas de diagnóstico no dispositivo
A aplicación Xperia™ Diagnostics pode probar unha función específica ou realizar un
diagnóstico completo para comprobar se o seu dispositivo Xperia™ funciona
correctamente.
Xperia™ Diagnostics pode:
•
Avaliar problemas de hardware ou de software potenciais no dispositivo Xperia™.
•
Analizar se as aplicacións se están a executar correctamente no dispositivo.
•
Rexistrar o número de chamadas que se cortaron durante os últimos 10 días.
•
Identificar o software instalado e fornecer información útil sobre o dispositivo.
A aplicación Xperia™ Diagnostics está preinstalada na maioría dos dispositivos Android™ de
Sony. Se a opción Diagnostics non está dispoñible en
Axustes > Acerca do teléfono, pode
descargar unha versión lixeira desde a aplicación Google Store™.
Para executar unha proba de diagnóstico específica
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Acerca do teléfono > Diagnósticos > Proba.
3
Seleccione unha proba da lista.
4
Siga as instrucións e pulse
Si ou Non para confirmar se a característica funciona.
Para executar todas as probas de diagnóstico
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Acerca do teléfono > Diagnósticos > Proba >
Executar todo.
3
Siga as instrucións e pulse
Si ou Non para confirmar se a característica funciona.
140
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

Para ver información sobre o seu dispositivo
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Acerca do teléfono > Diagnósticos > Datos.