Sony Xperia M4 Aqua - Información legal

background image

Información legal

Sony E2303/E2306/E2353

Esta guía do usuario está publicada por Sony Mobile Communications Inc. ou a súa empresa local asociada e non

ofrece ningún tipo de garantía. Sony Mobile Communications Inc. pode levar a cabo melloras e cambios nesta guía

do usuario en calquera momento e sen previo aviso debido a erros tipográficos, inexactitudes na información

presentada ou melloras nos programas ou equipos. Non obstante, eses cambios serán incorporados en novas

edicións desta guía do usuario. As ilustracións empregadas só serven para ilustrar o modelo e pode que non

describan con precisión o aspecto real do dispositivo.
Todos os nomes de produtos e empresas aquí mencionados son marcas comerciais ou marcas comerciais

rexistradas dos seus respectivos propietarios. O resto das marcas comerciais pertencen aos seus respectivos

propietarios. Os dereitos non concedidos de xeito expreso neste manual están reservados. Visite

www.sonymobile.com/us/legal/ para obter máis información.
Esta guía do usuario pode facer referencia a aplicacións ou servizos fornecidos por terceiras partes. O uso destes

programas ou servizos pode requirir un rexistro independente co fornecedor que constitúe a terceira parte e pode

estar regulado por termos de uso adicionais. Con relación ás aplicacións ás que se accede directamente nunha

páxina web de terceiros ou por medio dela, consulte previamente os termos de uso e a política de privacidade do

sitio web en cuestión. Sony non garante a dispoñibilidade nin o funcionamento de ningún sitio web de terceiros nin

dos servizos fornecidos.
O dispositivo móbil ten a capacidade de descargar, almacenar e reenviar contido adicional como, por exemplo,

tons de chamada. O uso dese contido pode estar restrinxido ou prohibido por dereitos de terceiras partes,

incluída, pero sen limitarse a ela, a restrición de acordo coas leis de dereitos de autor aplicables. Vostede, e non

Sony, será o responsable do contido adicional descargado ou reenviado desde o seu dispositivo móbil. Antes de

utilizar calquera contido adicional, verifique que o uso que ten previsto darlle está autorizado ou que dispón de

licenza. Sony non garante a precisión, integridade ou calidade do contido adicional ou de terceiros. Sony non se

fará responsable en ningún caso do uso non axeitado do contido adicional ou de terceiros.
Visite

www.sonymobile.com para obter máis información.

Este produto está protexido por determinados dereitos de propiedade intelectual de Microsoft. Queda prohibido o

uso ou distribución da mencionada tecnoloxía fóra deste produto sen licenza previa por parte de Microsoft.
Os propietarios do contido utilizan a tecnoloxía de xestión de dereitos dixitais de Windows Media (WMDRM) para

protexer a súa propiedade intelectual, incluíndo dereitos de autor. Este dispositivo utiliza software WMDRM para

acceder a contido protexido mediante WMDRM. Se o software WMDRM non logra protexer o contido, os

propietarios do contido poden pedirlle a Microsoft que revogue a capacidade do software para utilizar WMDRM co

fin de reproducir ou copiar contido protexido. A revogación non afecta ao contido non protexido. Cando descarga

licenzas do contido protexido, acepta que Microsoft pode incluír unha lista de revogacións coas licenzas. É posible

que os propietarios do contido requiran que actualice o WMDRM para acceder ao seu contido. Se rexeita unha

actualización, non poderá acceder ao contido que require a actualización.
Este produto autorízase baixo as licenzas da carteira de patentes MPEG-4 visual e AVC para uso persoal e non

comercial dun consumidor para (i) codificar vídeo de acordo co estándar visual MPEG-4 ("vídeo MPEG-4") ou o

estándar AVC ("vídeo AVC") e/ou (ii) descodificar vídeo de formato MPEG- 4 ou AVC codificado por un consumidor

nunha actividade persoal e non comercial e/ou que se obtivo dun fornecedor de vídeos con licenza de MPEG LA

para fornecer vídeo MPEG-4 e/ou AVC. Non se concede ningunha licenza nin debe interpretarse que existe unha

licenza implícita para calquera outro uso. Pódese obter información adicional, incluída a relacionada con usos en

promocións, internos e comerciais e con licenzas en MPEG LA, L.L.C. Visite

www.mpegla.com. Tecnoloxía de

descodificación de son MPEG Layer-3 con licenza de Fraunhofer IIS e Thomson.
SONY MOBILE NON SERÁ RESPONSABLE POR CALQUERA PERDA, ELIMINACIÓN E/OU SOBRESCRITURA DE

DATOS PERSOAIS OU DOS FICHEIROS ALMACENADOS NO DISPOSITIVO (INCLUÍNDO, ENTRE OUTROS, OS

CONTACTOS, AS PISTAS DE MÚSICA E AS FOTOS) DERIVADOS DE CALQUERA ACTUALIZACIÓN DO SEU

DISPOSITIVO POR CALQUERA DOS MÉTODOS DESCRITOS NESTA GUÍA DO USUARIO OU DOCUMENTACIÓN.

EN NINGÚN CASO A RESPONSABILIDADE TOTAL DE SONY MOBILE OU DOS SEUS FORNECEDORES CARA A

VOSTEDE POR CALQUERA OU TODOS OS DANOS, PERDAS E CAUSAS DE ACCIÓN (XA SEXA BAIXO

CONTRATO OU AGRAVIO, O QUE INCLÚE, ENTRE OUTROS, A NEGLIXENCIA DE CALQUERA TIPO) EXCEDERÁ

A CANTIDADE PAGADA POR VOSTEDE POLO DISPOSITIVO.
© 2016 Sony Mobile Communications Inc.
Todos os dereitos reservados.

144

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.