Reiniciar, restablecer e reparar
Pode forzar o reinicio ou o apagado do dispositivo se este deixa de responder ou non
reinicia con normalidade. Non se perderá ningún axuste nin tampouco datos persoais.
Tamén pode restaurar os axustes orixinais de fábrica do seu dispositivo. Esta acción ás
veces é necesaria se o seu dispositivo deixa de funcionar correctamente, pero lembre
que se desexa manter datos importantes, primeiro debe facer unha copia de seguridade
destes datos nunha tarxeta de memoria ou noutra memoria externa. Para máis
información, consulte
Copia de seguridade e restablecemento do contido
na
páxina 41.
Se o dispositivo non se acende ou desexa restablecer o seu software, pode usar
Xperia™ Companion para reparar o dispositivo. Para obter máis información sobre o uso
de Xperia™ Companion, consulte
Xperia™ Companion
na páxina 39.
Se comparte un dispositivo con múltiples usuarios, é posible que teña que iniciar sesión
como propietario, é dicir, como usuario principal, para restablecer a configuración orixinal de
fábrica do dispositivo.
Para reiniciar o seu dispositivo
É posible que o dispositivo non se poida reiniciar se o nivel de batería é baixo. Conecte o
dispositivo a un cargador e intente reinicialo de novo.
1
Manteña premida a tecla de acendido .
2
No menú que se abre, pulse
Reiniciar. O dispositivo reiniciarase de xeito
automático.
Para forzar o apagado do dispositivo
1
Retire a tapa da rañura da tarxeta de memoria.
2
Coa punta dun bolígrafo ou un obxecto similar, manteña premido o botón OFF ata
que o dispositivo se apague.
Non utilice obxectos excesivamente afiados que poidan danar o botón OFF.
141
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para restablecer a configuración de fábrica
1
Realice unha copia de seguridade dos datos que teña gardados na memoria
interna para non perdelos de xeito permanente durante o proceso de
restablecemento.
2
Dende a súa Pantalla de inicio, pulse .
3
Localice e pulse
Axustes > Copia de seguridade e restabl. > Restablecemento
datos de fábrica.
4
Pulse
Restablecer o teléfono.
5
Se é necesario, debuxe o seu patrón de desbloqueo da pantalla ou introduza o
PIN ou contrasinal de desbloqueo da pantalla para continuar.
6
Para confirmar, pulse
Borrar todo.
Para evitar danos permanentes no dispositivo, non o reinicie durante o proceso de
restablecemento.
O seu dispositivo non reverte a unha versión de software anterior de Android™ cando realiza
un restablecemento dos datos de fábrica.
Reparar o software do dispositivo
Se non lembra o contrasinal de desbloqueo da pantalla, o PIN ou o patrón, pode usar a
función de reparación do dispositivo na aplicación Xperia™ Companion para eliminar
esta capa de seguridade. É necesario que proporcione a información de inicio de sesión
da súa conta de Google para realizar esta operación. Ao executar a función de
reparación, está a reinstalar software no dispositivo e pode que perda algúns datos
persoais durante o proceso.
Se non pode desactivar o seu dispositivo antes de realizar unha reparación de software,
force o apagado.
Cando recibe un novo nome de usuario ou contrasinal da súa conta Google™, pode que non
poida usalos para iniciar sesión nin recuperar o seu dispositivo durante 72 horas.
Para reparar o software do dispositivo con Xperia™ Companion
Antes de realizar unha reparación de software, asegúrese de coñecer o seu nome de usuario e
contrasinal de Google™. En función dos seus axustes de seguridade, pode que necesite
inserilos para reiniciar o dispositivo despois de reparar o software.
Se parece que o seu dispositivo quedou conxelado, se reinicia repetidas veces ou non
acende despois de actualizar o software Xperia™ ou despois de realizar unha reparación
de software ou un restablecemento de datos de fábrica, intente forzar o apagado e
despois volva acendelo. Se o problema continúa, force o apagado e despois realice
unha reparación de software seguindo os seguintes pasos:
1
Asegúrese de que Xperia™ Companion estea instalado no seu PC ou Mac
®
.
2
Abra o software Xperia™ Companion no seu ordenador e faga clic en na pantalla
principal.
3
Siga as instrucións que aparecen na pantalla para reinstalar o software e
completar a reparación.