Sony Xperia M4 Aqua - Utilizar o dispositivo en condicións de po e auga

background image

Utilizar o dispositivo en condicións de po e auga

O seu dispositivo é resistente á auga e ao po, así que non se preocupe se o colle a

choiva ou desexa limparlle a sucidade baixo a billa, pero lembre: todos os portos e tapas

deben estar ben pechados. O que non debería facer: somerxer o dispositivo

completamente nin expoñelo a auga do mar, auga salgada, auga con cloro ou líquidos

como bebidas. Abusar ou usar inadecuadamente o dispositivo invalidará a garantía. O

dispositivo conta coa clasificación Ingress Protection IP65/68. Para obter máis

infirmación, consulte

www.sonymobile.com/waterproof

.

A súa garantía non cobre os danos ou defectos orixinados polo uso incorrecto ou uso

do seu dispositivo sen seguir as instrucións de Sony Mobile. Para obter información da

garantía, consulte a información importante á que se pode acceder a través de

support.sonymobile.com

ou na sección

Axustes > Acerca do teléfono > Información

legal.
O seu dispositivo ten un porto USB sen tapa. O porto USB debe estar completamente

seco para poder conectar un cable para cargar a batería ou transferir datos, por

exemplo. Se o dispositivo queda exposto á auga, séqueo cun pano de microfibra e

sacúdao con forza polo menos 15 veces co porto USB cara abaixo. Repita o proceso se

aínda hai humidade no porto USB. Insira un cable no porto USB só cando estea seco.

Para secar o porto USB

1

Use un pano de micro fibra para retirar o exceso de humidade do seu dispositivo.

2

Colla o dispositivo con firmeza e manteña o porto USB cara abaixo, logo sacuda

con forza o dispositivo polo menos 15 veces.

3

Se aínda hai humidade no porto USB, volva a sacudir o dispositivo varias veces.

4

Use un pano de micro fibra para retirar a humidade restante que quede no porto

USB.

143

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.