Axustes de acceso
Permite ver e cambiar os axustes do dispositivo desde o menú Axustes. O menú
Axustes é accesible desde o panel de axustes rápidos e a pantalla da aplicacións.
Para abrir o menú de axustes do dispositivo desde a pantalla de aplicacións
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Pulse
Axustes.
Ver información sobre o seu dispositivo
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Acerca do teléfono.
Para abrir ou pechar o panel de axustes rápidos
•
Para abrir o panel de axustes rápidos, arrastre a barra de estado cara abaixo.
Para seleccionar os axustes que aparecen no panel de axustes rápidos
1
Arrastre a barra de estado cara abaixo e pulse .
2
Na barra da parte superior da pantalla, toque e manteña a icona de axuste rápido
que quere engadir, e despois arrástreo e sólteo na parte inferior da pantalla.
Para reorganizar o panel de axustes rápidos
1
Arrastre a barra de estado cara abaixo e pulse .
2
Toque e manteña unha icona e móvaa ata a posición que desexe.