Sony Xperia M4 Aqua - Axustes de aplicacións

background image

Axustes de aplicacións

Algunhas aplicacións solicitaranlle permiso cando comece a usalas. Pode permitir ou

denegar permisos para cada aplicación, tanto desde o menú Axustes como desde a

caixa de diálogo Confirmar permiso. Os requirimentos de permisos dependen do deseño

da aplicación.

Permitir ou denegar permisos

Pode escoller entre permitir ou denegar permisos cando se amosa a caixa de diálogo.

Se usou outra versión de Android con anterioridade, a maioría das aplicacións xa teñen

os permisos necesarios.

Para conceder permiso

1

Para conceder permiso, toque

Permitir.

2

Cando apareza a caixa de diálogo de confirmación por segunda vez, pode

seleccionar a opción

Non volver preguntar se o desexa.

3

A caixa de diálogo tamén explicará por que a aplicación necesita os permisos e

para que os utiliza especificamente. Para descartar esta caixa de diálogo, toque

Aceptar.

Para denegar permiso

Para denegar permiso, pulse

Denegar cando se amose a caixa de diálogo.

Algunhas aplicacións poden seguir usándose aínda que teñan denegados os permisos.

Permisos fundamentais

Algúns permisos son obrigatorios para que as aplicacións funcionen correctamente.

Neses casos, unha caixa de diálogo informaralle.

60

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para configurar aplicacións

1

Dende a súa

Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Aplicacións > .

3

Seleccione unha opción de configuración, por exemplo

Permisos aplicacións e, a

continuación, seleccione a aplicación que desexe configurar.

Para conceder permisos fundamentais

1

Para conceder permiso, toque

Continuar > INFO. DE APLIC. > Permisos.

2

Busque o permiso fundamental que precisa.

3

Arrastre o control desprazable cara á dereita.

Ligazóns de aplicacións

O seu dispositivo pode determinar a aplicación predeterminada para abrir unha ligazón

web en concreto. Isto significa que se a ligazón está definida, non precisa seleccionar

unha aplicación cada vez que abra unha ligazón. Pode cambiar a aplicación

predeterminada en calquera momento.

Para xestionar as ligazóns de aplicacións desde o menú de configuración

1

Dende a súa

Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Aplicacións.

3

Pulse e localice

Ligazóns da aplicación.

4

Seleccione unha aplicación e axuste a configuración como desexe.