Sony Xperia M4 Aqua - Axustes de volume

background image

Axustes de volume

Pode axustar o volume do ton de chamada para as chamadas entrantes e as

notificacións, así como para a reprodución de música e vídeo.

Para axustar o volume do ton de chamada coa tecla de volume

Prema a tecla de volume cara arriba ou cara a abaixo.

Para axustar o volume da reprodución multimedia coa tecla de volume

Mentres se reproduce música ou está a visualizar vídeo, prema a tecla de volume

cara arriba ou cara abaixo mesmo cando a pantalla está bloqueada.

Para activar o modo de vibración

Prema a tecla de volume cara arriba ou cara a abaixo ata que apareza

.

Para axustar os niveis de volume

1

Dende a súa Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Son e notificación.

3

Arrastre os controis desprazables ás posicións desexadas.

Tamén pode premer na tecla de volume cara arriba ou cara abaixo e pulsar

para axustar

os niveis de volume do ton de chamada, da reprodución multimedia e da alarma por separado.

Para configurar o modo de vibración para chamadas entrantes

1

Dende a súa

Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Son e notificación.

3

Pulse o control desprazabre

Vibrar tamén nas chamadas para activar a función.

56

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para establecer un ton de chamada

1

Dende a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Son e notificación > Ton de chamada do tel..

3

Seleccione unha opción da lista ou pulse e seleccione un arquivo de música

gardado no dispositivo.

4

Para confirmar, pulse

Feito.

Para seleccionar o son de notificación

1

Dende a súa

Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Son e notificación > Son de notificación.

3

Seleccione unha opción da lista ou pulse e seleccione un arquivo de música

gardado no dispositivo.

4

Para confirmar, pulse

Feito.

Algunhas aplicacións teñen os seus propios sons de notificación, que pode seleccionar nos

axustes da aplicación.

Para activar os tons de pulsación

1

Dende a súa

Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Son e notificación > Outros sons.

3

Pulse os controis desprazables para activar ou desactivar os diferentes tons de

pulsación segundo desexe.