Sony Xperia M4 Aqua - Contas con múltiples usuarios

background image

Contas con múltiples usuarios

O seu dispositivo admite contas con múltiples usuarios de xeito que diferentes usuarios

poidan iniciar sesión por separado no dispositivo e usalo. As contas con múltiples

63

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

usuarios funcionan ben en situacións nas que comparte o mesmo dispositivo con outras

persoas ou lle deixa o dispositivo a alguén para que o use por un tempo. O usuario que

configura o dispositivo por primeira vez convértese no propietario do dispositivo. Só o

propietario pode xestionar as contas de outros usuarios. Ademais da conta do

propietario, existen dous tipos de contas diferentes:

Usuario normal: este tipo de conta está axeitado para alguén que usa o seu dispositivo

con regularidade.

Usuario convidado: active a opción de conta de convidado para alguén que só quere

usar o dispositivo temporalmente.

Algunhas características están só dispoñibles para o propietario. Por exemplo, só o

propietario pode permitir descargas doutras fontes distintas de Google Play™.

Acerca da conta de usuario normal

Se engade contas de usuario normal, permitirá que diferentes usuarios teñan pantallas

de inicio, fondos de pantalla e axustes xerais distintos. Tamén van ter acceso por

separado a aplicacións e almacenamento de memoria para ficheiros como música e

fotos. No dispositivo pode engadir ata sete contas de usuarios normais.

Para engadir unha conta de usuario normal

1

Asegúrese de ter iniciada sesión como propietario, é dicir, como o usuario que

configurou o dispositivo por primeira vez.

2

Dende a pantalla de inicio, pulse .

3

Localice e pulse

Axustes > Usuarios > Engadir usuario.

4

Pulse

Aceptar. Creouse a nova conta.

5

Pulse

CONFIGURAR. A pantalla bloquéase e a icona que representa o novo

usuario engadido aparece na esquina superior dereita.

6

Desbloquee a pantalla desprazando o dedo cara á esquerda ou cara arriba.

7

Siga as instrucións da pantalla para configurar a conta do usuario.

En casos en que a persoa que usa a nova conta queira configurala pero non estea dispoñible

no momento, pode pulsar

AGORA NON no paso 5. Cando o usuario estea preparado, pode

seleccionar

Usuarios en Axustes e ver a nova conta, que aparece como Novo usuario. Tan só

pulse na conta e siga as instrucións para rematar de configurala.

Tamén pode engadir unha conta de usuario normal desde a barra de estado de calquera

pantalla. Só arrastre a barra de estado cara abaixo e pulse a icona do usuario e logo pulse

Engadir usuario.

Para eliminar unha conta de usuario normal do seu dispositivo

1

Asegúrese de ter iniciada sesión como propietario.

2

Dende a pantalla de inicio, pulse .

3

Localice e pulse

Axustes > Usuarios.

4

Pulse a carón do nome do usuario que quere eliminar e logo pulse

Eliminar o

usuario > Eliminar .

Acerca da conta de usuario convidado

Se alguén só quere usar o dispositivo temporalmente, pode activar unha conta de

convidado para este usuario. No modo de convidado, o dispositivo iníciase como un

sistema acabado de instalar só coas aplicacións preinstaladas. Cando o convidado

remata de usar o dispositivo, pode eliminar a sesión para que o próximo convidado

poida iniciar unha nova. A conta de usuario convidado está preinstalada e non se pode

eliminar.

64

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para activar a conta de usuario convidado

1

Asegúrese de ter iniciada sesión como propietario, é dicir, como o usuario que

configurou o dispositivo por primeira vez.

2

Dende a súa

Pantalla de inicio, pulse .

3

Localice e pulse

Axustes > Usuarios > Convidado.

Tamén pode activar a conta de usuario convidado desde a barra de estado en calquera

pantalla. Só arrastre a barra de estado totalmente cara abaixo e pulse a icona do usuario e

logo pulse

Engadir convidado.

Para borrar os datos da sesión do convidado

1

Asegúrese de ter iniciada a sesión na conta de convidado.

2

Dende a súa

Pantalla de inicio, pulse .

3

Localice e pulse

Axustes > Usuarios.

4

Localice e pulse

Eliminar convidado.

5

Pulse

Eliminar.

Tamén pode borrar a sesión de convidado desde a barra de estado en calquera pantalla

mentres teña iniciada a sesión na conta de convidado. Só arrastre a barra de estado cara

abaixo e pulse a icona do usuario e logo pulse

Eliminar convidado.

Cambiar entre contas con múltiples usuarios

Para cambiar entre contas con múltiples usuarios

1

Para ver a lista de usuarios, arrastre a barra de estado cara abaixo usando dous

dedos, e logo pulse a icona de usuario da esquina superior dereita da pantalla.

2

Pulse a icona que representa a conta de usuario á que quere cambiar.

3

Se estableceu un contrasinal para a conta, escriba ese contrasinal para iniciar

sesión. Se non, só ten que desbloquear a pantalla.

Ao cambiar á conta de convidado, pulse

Volver iniciar se quere eliminar a sesión anterior ou

pulse

Si, continuar para seguir na sesión anterior.

Axustes para contas con múltiples usuarios

Hai tres tipos de axustes diferentes en dispositivos con varios usuarios:

Axustes que calquera usuario pode cambiar e que afectan a todos os usuarios. Os

exemplos inclúen idioma, Wi-Fi, modo avión, NFC e Bluetooth®.

Axustes que só afectan á conta de cada usuario. Os exemplos inclúen sincronización

automática de datos, bloqueo de pantalla, varias contas engadidas e fondo.

Axustes que só son visibles para o propietario e que afectan a todos os usuarios, por

exemplo, axustes de VPN.

65

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.