Sony Xperia M4 Aqua - Batería e xestión da enerxía

background image

Batería e xestión da enerxía

O seu dispositivo ten unha batería incorporada. O consumo de batería varía

dependendo das funcións que use. Para facer que a batería dure máis, teña en conta

estas cousas:

Faga un seguimento do seu consumo de batería.

Siga as suxestións de uso xeral para mellorar o rendemento da batería.

Use un modo de aforro de enerxía.
O seu dispositivo está equipado con dous modos STAMINA e coas funcións de aforro

de enerxía de Android para reducir o consumo de batería. As funcións de aforro de

enerxía de Android execútanse en segundo plano e vostede mesmo pode activar ou

desactivar o modo STAMINA ou Ultra STAMINA.
As funcións de aforro de enerxía restrinxen os datos de fondo para aforrar enerxía, así

que se non quere que unha aplicación se vexa afectada, pode eximila no menú de

Optimización da batería.

As actualizacións do sistema poden modificar os modos de aforro de enerxía dispoñibles no

seu dispositivo.

Para ver o consumo de batería das aplicacións, tempo estimado e consellos para

aforro de enerxía

1

Dende a súa

Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Batería. Aparece unha descrición xeral que amosa a

porcentaxe da batería e o tempo estimado de batería.

3

Pulse

AMOSAR USO DA BATERÍA para ver unha lista das características e os

servizos que consumiron enerxía da batería dende o derradeiro ciclo de carga.

Pulse un elemento para obter información sobre como reducir o seu consumo de

batería

Pode configurar, activar e desactivar os modos de aforro de batería dende

Axustes > Batería.

Para ver o consumo de batería das aplicacións

1

Dende a súa

Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Aplicacións.

3

Seleccione unha aplicación e revise o consumo de batería baixo

Uso da batería.

Suxestións de uso xeral para mellorar o rendemento da batería.

As seguintes suxestións poden axudarlle a mellorar o rendemento da batería:

Reduza o nivel de brillo da pantalla, vexa

Axustes da pantalla

na páxina 58.

Desactive o Bluetooth®, a Wi-Fi e os servizos de localización cando non precise

destas funcións.

Apague o seu teléfono ou use o modo avión cando estea nunha zona sen

cobertura de rede. Do contrario, o dispositivo buscará repetidamente redes

dispoñibles e isto consume enerxía.

Use a rede Wi-Fi en vez da itinerancia cando estea no estranxeiro. A itinerancia

busca a súa rede doméstica e gasta máis batería, posto que o seu dispositivo

debe transmitir máis potencia de saída, vexa

Wi-Fi

na páxina 47.

Cambie os axustes de sincronización do correo electrónico, calendario e

contactos, vexa

Sincronización con contas en liña

na páxina 54.

Mire que aplicacións consumen moita batería e considere seguir os consellos de

aforro de batería do seu dispositivo nestas aplicacións.

Cambie o nivel de notificación dunha aplicación, vexa

Notificacións

na páxina 29.

Desactive os permisos de aplicacións para compartir a súa localización, vexa

Axustes de aplicacións

na páxina 60.

Desinstale as aplicacións lentas que non estea a utilizar, vexa

Pantalla de

aplicacións

na páxina 25.

Use un dispositivo mans libres orixinal de Sony™ para escoitar música. Os

dispositivos mans libres consumen menos batería que os altofalantes do seu

dispositivo.

Reinicie o seu dispositivo de cando en vez.

36

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Optimización da batería

A optimización da batería é unha función incorporada no dispositivo, potente e de gran

utilidade, que mellora a duración da batería de xeito significativo, xa que reduce o seu

consumo cando non está a usar o dispositivo ou determinadas aplicacións.
Para conseguilo, suspéndense as actividades de rede que esgotan a batería, como

servizos de localización, a sincronización e a busca de redes Wi-Fi en segundo plano

cando non se usa o dispositivo durante un tempo.
As chamadas telefónicas e as mensaxes SMS non se ven afectadas.
Non pode desactivar Optimización da batería, pero pode crear excepcións para

algunhas aplicacións.

Para incluír aplicacións específicas exentas da optimización de batería

1

Dende a súa

Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Batería.

3

Pulse e seleccione

Optimización da batería. Verá unha lista de aplicacións que

non están optimizadas.

4

Para engadir ou eliminar aplicacións desta lista, pulse

Aplicacións e seleccione ou

cancele a selección dunha aplicación da lista para editar os axustes de

optimización.

5

A lista de aplicacións que non se optimizan actualizarase segundo os seus

axustes.

Non pode evitar que o modo STAMINA Ultra optimize as aplicacións.

Tamén pode configurar

Optimización da batería dende o menú Aplicacións pulsando .

Modos de aforro de enerxía

Existen varios modos de aforro de enerxía dispoñibles para utilizar se desexa que a

batería dure máis tempo:

Modo

STAMINA

Dependendo do nivel de STAMINA, as funcións restrinxiranse ou deshabilitaranse para reducir

o consumo de batería. Inclúense o rendemento de interpretación, animación e brillo da

pantalla, accesorio de imaxe, sincronización de datos de aplicacións en segundo plano,

vibración (excepto para chamadas entrantes), transmisión en secuencias e GPS (mentres a

pantalla estea apagada). aparece na barra de estado.

Modo Ultra

STAMINA

Ademais das características desactivadas polo modo STAMINA, o modo Ultra STAMINA

desactiva os datos móbiles e a Wi-Fi. A selección da aplicación é limitada e os widgets

(excepto o Reloxo) están desactivados. As chamadas e as SMS seguen dispoñibles. A súa

Pantalla de inicio substitúese por unha Pantalla de inicio especial do modo Ulta STAMINA e

os paneis adicionais están desactivados. aparece na barra de estado.

Para activar ou desactivar o modo STAMINA

1

Dende a súa

Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Batería.

3

Pulse

Modo STAMINA e seleccione a opción que prefira.

Ao estar activado o

Modo STAMINA, aparece na barra de estado.

Pode axustar a porcentaxe de Inicio automático segundo as súas preferencias e evitar que o

modo STAMINA optimize as aplicacións.

Para activar o modo Ultra STAMINA

1

Dende a súa

Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Batería.

3

Pulse

Modo Ultra STAMINA e despois pulse Activar.

4

Confirme para activalo.
A súa Pantalla de inicio substitúese pola Pantalla de inicio do modo Ultra STAMINA e

aparece na barra de estado cando

Modo Ultra STAMINA está activo. Non pode

evitar que o modo Ultra STAMINA optimice as aplicacións.

37

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para desactivar o modo Ultra STAMINA

1

Arrastre cara abaixo a barra de estado para acceder ao panel de notificacións.

2

Pulse

Desactivar modo Ultra STAMINA.

3

Pulse

Aceptar.

Desactivar o modo Ultra STAMINA reiniciará o seu dispositivo.