Mantemento mediante un ordenador
Xperia™ Companion
Xperia™ Companion é un software de servizo que proporciona unha colección de
ferramentas e aplicacións que pode usar cando conecta o seu dispositivo a un
ordenador. Con Xperia™ Companion, pode:
•
Actualizar ou reparar o software do dispositivo.
•
Transferir contido dun dispositivo antigo usando Xperia™ Transfer.
•
Realizar copias de seguridade e restaurar contido no seu ordenador.
•
Sincronizar contido multimedia (fotos, vídeos, música e listas de reprodución) entre o seu
dispositivo e o ordenador.
•
Buscar ficheiros no seu dispositivo.
Para poder usar Xperia™ Companion, cómpre dispoñer dun ordenador conectado á
Internet cun dos seguintes sistemas operativos:
•
Microsoft
®
Windows
®
7 ou posterior
•
Mac OS
®
X 10.8 ou posterior
Obteña máis información e descargue Xperia™ Companion para Windows dende
http://support.sonymobile.com/tools/xperia-companion ou Xperia™ Companion para
Mac dende http://support.sonymobile.com/tools/xperia-companion-mac.
Xestionar ficheiros cun ordenador
Use unha conexión con cable USB entre un ordenador Windows
®
e o dispositivo para
transferir e xestionar os seus ficheiros.
Cando os dous dispositivos estean conectados, pode elixir entre cargar o seu
dispositivo, transferir ficheiros, ou usar o seu dispositivo como entrada MIDI. O seu
ordenador detectará o dispositivo cando seleccione o modo de conexión
Transferir
ficheiros (MTP). O modo de conexión predeterminada está configurado en Só durante
a carga.
Con Xperia™ Companion, pode acceder ao sistema de ficheiros do seu dispositivo. Se
non ten instalado Xperia™ Companion, pediráselle que o instale ao conectar o
dispositivo ao ordenador.
Use sempre o tipo de cable USB que se corresponda co seu modelo Xperia™ e asegúrese de
que estea completamente seco.
39
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Modo de conexión USB
Pode empregar o modo de conexión
Transferir ficheiros (MTP) para xestionar ficheiros
e actualizar o software do dispositivo. Este modo USB utilízase en ordenadores con
Microsoft
®
Windows
®
. Carga está activada de xeito predeterminado.
Para cambiar o modo de conexión USB
1
Conecte un conector USB ao seu dispositivo.
2
Arrastre cara abaixo a barra de estado e despois pulse
USB cargando este
dispositivo.
3
Pulse
Transferir ficheiros (MTP).