Sony Xperia M4 Aqua - Axustes da videocámara

background image

Axustes da videocámara

Para axustar a configuración da videocámara

1

Active a cámara.

2

Pase o dedo para

.

3

Para amosar a configuración, pulse .

4

Seleccione o axuste que queira axustar e faga os seus cambios.

109

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Descrición xeral dos axustes da videocámara

Selección de escenas

A función Selección de escena axúdalle a axustar de forma rápida a cámara para as

situacións habituais usando escenas de vídeo programadas previamente. O axuste de

cada escena está deseñado para producir vídeo coa mellor calidade posible nun

contorno de gravación específico.

Auto

A selección de escenas é automática.

Desactivado

A función de Selección de escena está desactivada e pode gravar vídeos de xeito manual.

Instantánea suave

Úsase para gravar vídeos con fondos suaves.

Paisaxe

Úseo para vídeos de paisaxes. A cámara enfoca obxectos distantes.

Escena nocturna

Cando está activado, a sensibilidade da luz aumenta. Úseo en ambientes con pouca iluminación.

Os vídeos con obxectos que se moven rapidamente poden verse desenfocados. Manteña a man

con firmeza ou ben use un soporte. Desactive o modo noite cando as condicións de iluminación

sexan boas para aumentar a calidade do vídeo.

Praia

Úsase para vídeos de paisaxes que inclúan o mar ou un lago.

Neve

Úseo en ambientes con moita luz para evitar vídeos sobreexpostos.

Deporte

Úseo para vídeos de obxectos en movemento rápido. Un tempo de exposición curto minimiza o

aspecto borroso da imaxe causado polo movemento.

Festa

Úseo para vídeos en interiores en ambientes con pouca iluminación. Esta escena recolle a

iluminación de fondo ou das velas. Os vídeos con obxectos que se moven rapidamente poden

verse desenfocados. Manteña a man con firmeza ou ben use un soporte.

Resolución de vídeo

Axuste a resolución de vídeo para os diferentes formatos.

Full HD

1920×1080(16:9)

Full HD (Full High Definition) con formato 16:9.

HD

1280×720(16:9)

HD (Alta Definición) con formato 16:9.

VGA

640×480(4:3)

VGA con formato 4:3.

MMS

Permite gravar vídeos axeitados para o envío en mensaxes multimedia. O tempo de gravación deste formato

de vídeo está limitado para que os ficheiros de vídeo caiban nunha mensaxe multimedia.

Modo de enfoque

O axuste do enfoque controla que parte dun suxeito gravado en vídeo debe aparecer

nítida. Cando o enfoque automático continuo está activado, a cámara segue a axustar o

enfoque de xeito que a área interior do marco de enfoque branco permanece nítida.

Enfoq. autom. puntual

A cámara enfoca de xeito automático ao suxeito seleccionado. O enfoque automático continuo está

activado.

110

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Detección de caras

A cámara detecta de xeito automático ata cinco caras humanas, indicadas con marcos na pantalla. A

cámara enfoca de xeito automático a cara máis próxima. Tamén pode seleccionar que cara desexa enfocar

pulsando sobre ela na pantalla. Cando pulsa a pantalla da cámara, aparece un marco amarelo que amosa a

cara que está a ser enfocada. A detección de caras non pode usarse con todos os tipos de escenas. O

enfoque automático continuo está activado.

Seguimento de obxecto

Cando seleccione un obxecto tocándoo no visor, a cámara segue a pista del por vostede.

Smile Shutter™ (vídeo)

Use a función Smile Shutter™ para determinar con que tipo de sorriso reacciona a

cámara antes de gravar un vídeo.

Estabilizador de vídeo

Cando se grava un vídeo, pode ser difícil suxeitar o dispositivo con firmeza. O

estabilizador de imaxes axúdalle compensando os movementos leves da man.

Luz do flash

Use a luz do flash para gravar vídeos cando as condicións de iluminación sexan pobres

ou haxa unha luz de fondo. A icona de flash de vídeo só está dispoñible na pantalla

da cámara de vídeo. Lembre que a calidade do vídeo ás veces é mellor sen luz, mesmo

en condicións de pouca iluminación.

Activado

Desactivado

Vídeo HDR

Use o axuste HDR (High-Dynamic Range) para gravar un vídeo a contraluz ou en

condicións onde haxa moito contraste. Vídeo HDR compensa a perda de detalle e crea

unha imaxe que amosa as zonas escura e brillante.

111

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.