Sony Xperia M4 Aqua - Axustes xerais da cámara

background image

Axustes xerais da cámara

Modos de captura

Manual

Axuste de forma manual os axustes da cámara como a resolución, o balance de brancos e ISO.

Automático superior

Permite optimizar a súa configuración para adaptala a calquera escena.

Videocámara

Axuste de forma manual os axustes do vídeo como a resolución, o vídeo HDR e o modo de enfoque.

Aplicacións da cámara

Seleccione de xeito manual as aplicacións da cámara.

O vídeo HDR só está dispoñible se a resolución de vídeo está establecida como HD.

Cambiar entre os modos de captura e as aplicacións da cámara

1

Manteña pulsada a tecla da cámara.

2

Pase o dedo pola pantalla ata o modo de captura desexado ou ata a lista de

aplicacións.

Aplicacións da cámara

Sound Photo

Permite sacar fotos con son de fondo.

Efecto RA

Permite sacar fotos ou vídeos con escenas e personaxes virtuais.

Efecto creativo

Permite aplicar efectos a fotos ou vídeos.

102

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Varrido panorámico

Permite sacar fotos amplas e panorámicas.

Retrato con estilos

Permite sacar fotos con formato de retrato en tempo real.

Multi cámara

Permite gravar a mesma escena dende múltiples ángulos nunha soa pantalla.

Modo de cámara múltiple

O modo de cámara múltiple permítelle facer unha foto ou vídeo que combine imaxes dos

diferentes ángulos de dous dispositivos. Verá dous visores de cámara na pantalla do
dispositivo: unha da cámara do dispositivo e a outra do dispositivo Xperia

conectado

ou dunha cámara de Sony que admita NFC e a tecnoloxía Wi-Fi Direct

®

.

Así, por exemplo, se está nun concerto e quere tirar unha foto ou facer un vídeo no que

se combinen unha vista do grupo desde un ángulo e unha vista do público desde outro

ángulo, pode usar o modo de cámara múltiple para obter o mellor efecto.
Pode axustar o modo de cámara múltiple usando NFC, que inicia a asociación dos dous
dispositivos mediante a tecnoloxía Wi-Fi Direct

®

.

Para usar o modo de cámara múltiple

1

Active a función NFC nos dous dispositivos que desexe conectar.

2

Active a cámara no seu dispositivo.

3

Pase o dedo pola pantalla para seleccionar

e logo seleccione .

4

Nas pantallas dos dous dispositivos, pulse .

5

Faga que entren en contacto as áreas de detección NFC de cada dispositivo. Os
dous dispositivos deberían conectarse mediante a tecnoloxía Wi-Fi Direct

®

.

6

Unha vez conectados os dispositivos, verá dous visores de cámara na pantalla do

dispositivo: o da cámara do dispositivo e o do dispositivo conectado.

7

Para reorganizar ou cambiar de forma ós visores da cámara, toque

.

8

Cando remate a edición e estea preparado para capturar a foto ou o vídeo final

combinado, pulse

Feito > .

Sweep Panorama

Pode tirar fotos amplas e panorámicas desde a dirección horizontal ou vertical dun xeito

premer-e-varrer doado.

Para sacar unha foto panorámica

1

Active a cámara.

2

Pase o dedo pola pantalla para seleccionar

e logo seleccione .

3

Para seleccionar unha dirección de disparo, pulse

.

4

Prema a tecla da cámara e mova a cámara lentamente e con firmeza na dirección

do movemento que se indica na pantalla.

Style Portrait

Pode usar a característica Style Portrait para aplicar efectos de retoque ás fotos de

retratos mentres as tira para garantir os mellores resultados. Tamén pode usar a

configuración

Feixe máxico para engadir un padrón de luz para os ollos.

Para usar a función Estilo retrato

1

Active a cámara.

2

Pase o dedo pola pantalla para seleccionar

e logo seleccione .

3

Para amosar todos os estilos, pulse no nome do estilo que estea seleccionado,

por exemplo,

Burbulla.

4

Para engadir máis estilos, pulse

Máis.

5

Seleccione o estilo que desexe aplicar, despois pulse para sacar unha foto.

103

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para usar a función Feixe máxico

1

Active a cámara.

2

Pase o dedo pola pantalla para seleccionar

e logo pulse > .

3

Para aplicar un efecto de luz enfocada interior, seleccione un patrón

personalizado.

Descargar aplicacións da cámara

Pode descargar aplicacións para a cámara de balde ou de pago dende Google Play™,

dende. Antes de comezar a descargar, asegúrese de que ten conexión a Internet,

preferiblemente mediante Wi-Fi, para limitar os custos por tráfico de datos.

Para descargar aplicacións para a cámara

1

Abra a aplicación da cámara.

2

Pase o dedo pola pantalla para seleccionar

e logo pulse .

3

Seleccione a aplicación que desexa descargar e siga as instrucións para rematar

a instalación.

Usar Smile Shutter™ para capturar caras sorrintes

Use a tecnoloxía Smile Shutter™ para fotografar unha cara en canto se detecte un

sorriso. A cámara detecta ata cinco caras e selecciona unha para efectuar a detección

do sorriso e o enfoque automático. Cando a cara seleccionada sorrí, a cámara saca

unha foto de xeito automático.*

Para activar a opción Smile Shutter™

1

Active a cámara.

2

Pulse .

3

Localice e pulse

Smile Shutter e seleccione o nivel de sorriso.

Para tirar unha foto usando Smile Shutter™

1

Coa cámara aberta e Smile Shutter™ activado, apunte a cámara cara ao seu

obxectivo. A cámara selecciona a cara a enfocar.

2

A cara seleccionada aparece dentro dun marco de cor e a foto se tira de xeito

automático.

3

Se non se detecta ningún sorriso, prema a tecla da cámara para tirar a foto

manualmente.

Detección de caras

Pode usar a detección de caras para enfocar unha cara descentrada. A cámara detecta

de xeito automático ata cinco caras, indicadas con marcos brancos. Un marco de core

amosa que cara se vai enfocar. O enfoque axústase á cara que está máis preto da

cámara. Tamén pode pulsar un dos marcos para seleccionar que cara desexa enfocar.

Para activar a detección de caras

1

Pase o dedo pola pantalla para seleccionar o modo de captura

Manual.

2

Pulse .

3

Pulse

Máis > Modo de enfoque > Detección de caras.

Para tirar unha foto usando a detección de caras

1

Coa cámara aberta e

Detección de caras activado, apunte a cámara cara ao seu

obxectivo. Poden detectarse e enmarcarse ata cinco caras.

2

Prema á metade a tecla da cámara. Un marco de cor amosa a cara enfocada.

3

Para tirar unha foto, prema totalmente a tecla da cámara.

Engadir posicións xeográficas ás súas fotos

Active a función Gardar localización para engadir a localización xeográfica aproximada

ás fotos cando as tire. A localización xeográfica determínase ben por redes sen fíos ou

por tecnoloxía GPS.

104

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Cando apareza na pantalla da cámara, a función Gardar localización está activada

pero a posición xeográfica non se atopou. Cando apareza , a función Gardar

localización está activada e a localización xeográfica está dispoñible, polo que é posible

engadir a localización xeográfica a súa foto. Se non aparece ningún destes dous

símbolos, significa que a función de Gardar localización está desactivada.

Para activar o xeoetiquetado

1

Dende a Pantalla de inicio, pulse .

2

Pulse

Axustes > Localización.

3

Pulse o botón de acendido e apagado.

4

Active a cámara.

5

Pulse .

6

Pulse

Máis > Gardar localización. Arrastre o control desprazable cara á dereita.

Captura táctil

Identifique unha zona de enfoque e logo toque a pantalla da cámara co dedo. A foto

tírase en canto solta a pantalla.

Touch Block

Pode desactivar a pantalla táctil para evitar accións non desexadas cando utiliza a

cámara.

Previsualización automática da foto

Pode previsualizar fotos ou vídeos mesmo despois de sacalos.

Ilimitado

A previsualización da foto ou do vídeo aparece despois de facelo.

5 segundos

A previsualización da foto ou do vídeo aparece 5 segundos despois de facelo.

3 segundos

A previsualización da foto ou do vídeo aparece 3 segundos despois de facelo.

Editar

A foto ou o vídeo ábrese para editalo despois de facelo.

Desactivado

A foto ou o vídeo gárdase despois de sacalo e non aparece ningunha previsualización.

Usar as teclas de volume como

Pode escoller como desexa usar as teclas de volume ao tirar fotos.

Zoom

Use a tecla de volume cara arriba ou abaixo para aumentar ou reducir o zoom.

Volume

Use a tecla de volume para axustar o volume.

Son de foto

Use a tecla de volume para tirar fotos.

Son

Pode escoller entre activar ou desactivar o son de foto.

Almacenamento de datos

Pode escoller gardar os seus datos tanto nunha tarxeta SD extraíble como no

almacenamento interno do seu dispositivo.

Almacenamento interno

As fotos ou vídeos se gardan na memoria do dispositivo.

105

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Tarxeta SD

As fotos ou vídeos se gardan na tarxeta SD.

Inicio rápido

Use os axustes de Inicio rápido para iniciar a cámara cando a pantalla estea bloqueada.

Só iniciar

Cando este axuste está activado, pode iniciar a cámara se a pantalla está bloqueada mantendo premida a

tecla da cámara.

Iniciar e capturar

Cando este axuste está activado, pode iniciar a cámara e capturar unha foto automaticamente se a pantalla

está bloqueada mantendo premida a tecla da cámara.

Iniciar e gravar vídeo

Cando este axuste está activado, pode iniciar a cámara e iniciar a captura de vídeo se a pantalla está

bloqueada mantendo premida a tecla da cámara.

Desactivado

Balance de brancos

Este axuste, que só está dispoñible no modo de captura

Manual, axusta o balance de

cor segundo as condicións de iluminación. Tamén pode axustar a exposición

manualmente nun rango de -2.0 EV a +2.0 EV. Por exemplo, pode aumentar o brillo da

imaxe ou reducir a exposición xeral pulsando os controis de aumentar ou diminuír cando

se amose a icona de axuste de balance de brancos/valor de exposición/HDR .

Automático

Axusta o balance de cor de xeito automático segundo as condicións de iluminación.

Incandescente

Axusta o balance de cor en condicións de iluminación cálidas, como baixo lámpadas.

Fluorescente

Axusta o balance de cor para a iluminación fluorescente.

Sol

Axusta o balance de cor para exteriores con ceo soleado.

Nubrado

Axusta o balance de cor para ceos nubrados.