Alarma e reloxo
Pode configurar unha ou varias alarmas e usar calquera son gardado no dispositivo
como sinal de alarma. A alarma non soa cando o seu dispositivo está apagado.
O formato de hora da alarma amosado é o mesmo que vostede seleccionou para os
axustes xerais da hora, por exemplo, 12 horas ou 24 horas.
1
Acceder á pantalla de inicio da alarma
2
Ver un reloxo mundial e axustar a configuración
3
Acceder á función cronómetro
4
Acceder á función temporizador
5
Ver opcións
6
Abrir os axustes de data e hora do reloxo
7
Activar ou desactivar unha alarma
136
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
8
Engadir unha nova alarma
As alarmas sempre se configuran como interrupcións prioritarias. Non obstante, se utiliza os
axustes de
Silencio ou Silencio total para as notificacións, as alarmas non soarán cando se
activen. Se precisa utilizar unha alarma, asegúrese de permitir todas as interrupcións ou as
interrupcións prioritarias.
Para configurar unha alarma nova
1
Desde a pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Reloxo.
3
Pulse .
4
Pulse
Hora e seleccione o valor desexado.
5
Pulse
Aceptar.
6
Se o desexa, edite outros axustes da alarma.
7
Pulse
Gardar.
Para pospoñer unha alarma cando soa
•
Pulse
Retardar.
Para desactivar unha alarma cando soa
•
Desprace cara á dereita.
Para editar unha alarma existente
1
Localice e pulse
Reloxo, logo pulse na alarma que desexe editar.
2
Cambie o que desexe.
3
Pulse
Gardar.
Para activar ou desactivar unha alarma
•
Localice e pulse
Reloxo, logo arrastre o control desprazable situado a carón da
alarma á posición de activada ou desactivada.
Para eliminar unha alarma
1
Localice e pulse
Reloxo, e logo toque e manteña pulsada a alarma que desexe
eliminar.
2
Pulse
Eliminar alarma e logo Si.
Para configurar o son dunha alarma
1
Localice e pulse
Reloxo, logo pulse na alarma que desexe editar.
2
Pulse
Son da alarma e seleccione unha opción ou pulse e seleccione un
arquivo de música.
3
Pulse
Feito e logo Gardar.
Para obter máis información sobre o xeito de axustar os niveis de volume da alarma, consulte
Axustes de volume
na páxina 56.
Para configurar unha alarma periódica
1
Localice e pulse
Reloxo, logo pulse na alarma que desexe editar.
2
Pulse
Repetir.
3
Marque as caixas de verificación dos días correspondentes e logo pulse
Aceptar.
4
Pulse
Gardar.
Para activar a función de vibración nunha alarma
1
Localice e pulse
Reloxo, logo pulse na alarma que desexe editar.
2
Marque a caixa de verificación
Vibrar.
3
Pulse
Gardar.
137
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.