Calendario e espertador
Calendario
Use a aplicación Calendario para xestionar a planificación do seu tempo. Se iniciou
sesión e sincronizou o seu dispositivo cunha ou varias contas en liña que inclúen
calendarios, como por exemplo a conta de Google™ ou a conta de Xperia™ coa conta
de Facebook, entón os eventos do calendario destas contas tamén aparecerán na
aplicación Calendario. Pode seleccionar os calendarios que desexa integrar na vista de
Calendario combinada.
Ao achegarse a hora da cita, o dispositivo reproduce un son de notificación para
lembrarllo. Ademais, aparece na barra de estado.
1 Seleccionar o tipo de vista e os calendarios que desexe ver
2 Volver á data actual
3 Acceder aos axustes e a outras opcións
4 Tocar lixeiramente cara á dereita ou cara á esquerda para examinar con maior rapidez
5 Data seleccionada
6 Axenda do día seleccionado
7 Engadir un evento de calendario
Para crear un evento de calendario
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse e logo pulse
Calendario.
2
Pulse .
3
Se sincronizou o seu calendario cunha ou máis contas, seleccione a conta á que
desexe engadir este evento. Se só desexa engadir este evento no dispositivo,
pulse
Calendario do dispositivo.
4
Introduza ou seleccione a información desexada e engada participantes ao
evento.
5
Para gardar o evento e enviar convites, pulse
Gardar.
Ver un evento de calendario
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse e logo pulse
Calendario.
2
Pulse o evento que desexe ver.
Para ver varios calendarios
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse e, a continuación, localice e pulse
Calendario.
2
Pulse e despois marque as caixas de verificación correspondentes para
seleccionar os calendarios que desexe ver.
Para usar o zoom na vista do calendario
•
Cando estea seleccionada a vista
Semana ou Día, belisque a pantalla para
ampliala.
135
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Mostrar os festivos na aplicación Calendario
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse e logo pulse
Calendario.
2
Pulse e logo
Configuración.
3
Pulse
Días festivos.
4
Seleccione unha opción ou unha combinación de opcións e despois pulse
Aceptar.
Para amosar aniversarios na aplicación Calendario
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse e logo pulse
Calendario.
2
Pulse e logo
Configuración > Aniversarios.
3
Arrastre cara á dereita o control desprazable que está a carón de
Aniversarios.
Para ver a predición do tempo na aplicación Calendario
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse e logo pulse
Calendario.
2
Pulse e logo
Configuración.
3
Pulse
Previsión meteorolóxica e despois arrastre cara á dereita o control
desprazable que está situado a carón de
Previsión meteorolóxica.
4
Se os servizos de localización están desactivados, pulse
Lugar de residencia e
despois busque a localidade que desexe engadir.
Para obter máis información sobre como activar os servizos de localización, consulte
Usar os
servizos de localización
na páxina 133.
Cambiar os axustes de predición do tempo na aplicación Calendario
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse e logo pulse
Calendario.
2
Pulse e logo
Configuración.
3
Pulse
Previsión meteorolóxica.
4
Cambie os axustes como desexe.