Recibir chamadas
Se recibe unha chamada entrante cando o dispositivo está no modo de suspensión ou a
pantalla está bloqueada, a aplicación do teléfono abrirase en pantalla completa. Se
recibe unha chamada entrante cando a pantalla está activa, a chamada entrante
amósase como unha notificación de aviso, é dicir, nunha ventá minimizada que flota na
parte superior de calquera pantalla aberta. Cando chega esta notificación, pode escoller
contestar a chamada e abrir a pantalla da aplicación do teléfono, ou pode rexeitar a
chamada e permanecer na pantalla actual.
Para responder a unha chamada cando a pantalla está inactiva
•
Arrastre cara á dereita.
Para contestar unha chamada entrante cando a pantalla está activa
•
Na notificación de aviso que aparece na parte superior da pantalla, pulse
RESPONDER.
No canto de contestar a chamada, pode ir á pantalla da aplicación principal do teléfono
pulsando na parte superior da ventá de notificación de aviso. Con este método, terá máis
opcións para xestionar a chamada. Por exemplo, pode decidir rexeitar a chamada cunha
mensaxe ou desviar a chamada ao contestador automático.
Para rexeitar unha chamada entrante cando a pantalla está inactiva
•
Ao recibir unha chamada, arrastre cara á esquerda.
Para rexeitar unha chamada entrante cando a pantalla está activa
•
Na notificación flotante que aparece na parte superior da pantalla, pulse
DENEGAR.
No canto de rexeitar a chamada, pode ir á pantalla da aplicación principal do teléfono
pulsando na parte superior da ventá de notificación flotante. Con este método, terá máis
opcións para xestionar a chamada. Por exemplo, pode decidir rexeitar a chamada cunha
mensaxe.
72
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para silenciar o ton de chamada dunha chamada entrante
•
Cando reciba a chamada, prema a tecla de volume.
Uso do contestador automático
A aplicación de contestador automático no seu dispositivo permítelle responder a
chamadas cando está ocupado ou cando perde unha chamada. Pode activar a función
de contestador automático e especificar cantos segundos deben pasar antes de que
salte o contestador automático para responder a unha chamada. Tamén pode
encamiñar manualmente as chamadas ao contestador automático se está demasiado
ocupado para responder nese momento. Despois, pode acceder ás mensaxes deixadas
no contestador automático.
Antes de utilizar o contestador automático, debe gravar unha mensaxe de saúdo.
Para gravar un saúdo para o contestador automático
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Chamada > Contestador > Saúdos.
3
Pulse
Gravar un novo saúdo e siga as instrucións da pantalla.
Para activar ou desactivar o contestador automático
1
Dende a súa Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Chamada > Contestador.
3
Pulse o control desprazable
Contestador.
Se non define un tempo de espera para que salte o contestador automático, utilízase o valor
predeterminado.
Para establecer un tempo de espera para o contestador automático
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Chamada > Contestador.
3
Pulse
Responder despois de.
4
Axuste a hora desprazándose cara a arriba e cara a abaixo.
5
Pulse
Feito.
Para desviar unha chamada entrante ao contestador de chamadas
•
Ao recibir unha chamada, pulse
Opcións de resposta e logo seleccione Rexeitar
co contestador.
Ao recibir unha chamada, tamén pode simplemente esperar a que pase o tempo de espera
preaxustado para que o contestador responda á chamada automaticamente.
Para escoitar mensaxes no contestador automático
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Chamada > Contestador > Mensaxes.
3
Seleccione a mensaxe de voz que desexa escoitar.
Tamén pode escoitar as mensaxes do contestador automático directamente desde o rexistro
de chamadas se pulsa .
Rexeitar unha chamada cunha mensaxe de texto
Pode rexeitar unha chamada cunha mensaxe de texto. Cando rexeita unha chamada
cunha mensaxe, a mensaxe envíase de xeito automático ao emisor da chamada e
almacénase na conversa de mensaxería co contacto.
Pode seleccionar entre unha serie de mensaxes predefinidas que lle ofrece o dispositivo,
ou ben crear unha mensaxe nova. Tamén pode editar as mensaxes predefinidas para
crear as súas propias mensaxes personalizadas.
73
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para rexeitar unha chamada cunha mensaxe de texto cando a pantalla está inactiva
1
Cando reciba unha chamada entrante, pulse
Opcións de resposta.
2
Seleccione unha mensaxe predefinida ou pulse
Redactar nova mensaxe.
Para rexeitar unha chamada cunha mensaxe de texto cando a pantalla está activa
1
Ao recibir unha chamada entrante, pulse a parte superior da notificación flotante
onde aparece o número de teléfono ou o nome do contacto.
2
Pulse
Opcións de resposta.
3
Seleccione unha mensaxe predefinida ou pulse
Redactar nova mensaxe.
Para rexeitar unha segunda chamada cunha mensaxe de texto
1
Se escoita tons de aviso repetidamente durante unha chamada, pulse
Opcións
de resposta.
2
Seleccione unha mensaxe predefinida
Redactar nova mensaxe.
Para editar a mensaxe usada para rexeitar unha chamada
1
Dende a súa Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Chamada > Rexeitar chamada con mensaxe.
3
Pulse na mensaxe que desexe editar e faga os cambios que precise.
4
Pulse
Aceptar.