Sony Xperia M4 Aqua - Duplicar a pantalla do dispositivo nun TV sen fíos

background image

Duplicar a pantalla do dispositivo nun TV sen fíos

Use a función Duplicación de pantalla para ver a pantalla do dispositivo nun televisor ou

noutra pantalla grande sen usar unha conexión por cable. A tecnoloxía Wi-Fi Direct®

crea unha conexión sen fíos entre os dous dispositivos, de xeito que vostede pode

relaxarse e gozar das súas fotos favoritas comodamente no seu sofá. Tamén pode usar

esta función para escoitar música dende o seu dispositivo usando os altofalantes da TV.

Ao usar a duplicación de pantalla, a calidade da imaxe ás veces pode sufrir un impacto

negativo se hai interferencias doutras redes Wi-Fi.

Duplicar a pantalla do dispositivo nunha pantalla de TV

1

TV: Siga as instrucións da guía do usuario do televisor para activar a función de

duplicación de pantalla.

2

O seu dispositivo: Dende a súa Pantalla de inicio, pulse .

3

Localice e pulse

Axustes > Conexión do dispositivo > Duplicación de pantalla.

4

Pulse

Iniciar.

5

Pulse

Aceptar e seleccione un dispositivo.

Para que funcione a devandita función, o seu televisor debe ser compatible coa duplicación
de pantalla de Wi-Fi CERTIFIED Miracast

. Se o seu televisor non admite duplicación de

pantalla, cómpre mercar por separado un adaptador de pantalla sen fíos. Ademais, cando use

a duplicación de pantalla, non tape a área da antena Wi-Fi do dispositivo.

Deter a duplicación da pantalla entre dispositivos

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Conexión do dispositivo > Duplicación de pantalla.

3

Pulse

Desconectar e logo Aceptar.