NFC
Utilice a tecnoloxía Near Field Communication (NFC) para compartir datos con outros
dispositivos, como vídeos, fotos, enderezos de páxinas web, ficheritos de música ou
contactos. Tamén pode usar o NFC para escanear etiquetas que lle ofrecen máis
información sobre un produto ou servizo ademais de etiquetas que activar determinadas
funcións no seu dispositivo.
NFC é una tecnoloxía sen fíos cun rango máximo dun centímetro, de xeito que os
dispositivos que comparten datos teñen que estar ben preto un do outro. Antes de usar
o NFC, primeiro ten que activar a función NFC e a pantalla do dispositivo ten que estar
activada.
A área de detección do NFC atópase na parte traseira do dispositivo. Manteña o seu
dispositivo preto doutro dispositivo ou dun lector de NFC para que estean en contacto o
un co outro.
É posible que o NFC non estea dispoñible en todos os países ou rexións. Ao utilizar algunhas
aplicacións, as funcións NFC poden activarse aínda que o dispositivo estea apagado. Ten en
conta que non todos os dispositivos son compatibles con esta función.
Para activar a función NFC
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Máis.
3
Pulse o botón acender-apagar situado a carón de
NFC.
125
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Compartir un contacto con outro dispositivo usando NFC
1
Asegúrese de que os dous dispositivos teñen a función NFC activada e que as
dúas pantallas están activadas.
2
Para ver contactos, vaia á súa Pantalla de inicio, pulse , e despois pulse .
3
Pulse no contacto que desexe enviar.
4
Manteña ben preto o seu dispositivo e o dispositivo receptor, de xeito que se
toquen as áreas de detección NFC dos dous dispositivos. Cando os dispositivos
se conectan, aparece unha miniatura do contacto.
5
Pulse na miniatura para iniciar a transferencia.
6
Cando a transferencia remata, a información do contacto gárdase no dispositivo
receptor e amósase na pantalla.
Compartir un ficheiro de música con outro dispositivo mediante NFC
1
Asegúrese de que tanto o seu dispositivo como o dispositivo receptor teñen
activada a función NFC e que ambas pantallas están activas.
2
Para abrir a aplicación Música, pulse , logo localice e pulse .
3
Seleccione unha categoría de música e busque a pista que desexe compartir.
4
Pulse a pista para reproducila. Entón pode pulsar para deter a pista. A
transferencia funciona tanto se a pista está en reprodución como en pausa.
5
Manteña ben preto o seu dispositivo e o dispositivo receptor, de xeito que se
toquen as áreas de detección NFC dos dous dispositivos. Cando os dispositivos
se conectan, aparece unha miniatura da pegada.
6
Pulse na miniatura para iniciar a transferencia.
7
Cando a transferencia remata, o ficheiro de música gárdase no dispositivo
receptor e amósase na pantalla.
Compartir unha foto ou vídeo con outro dispositivo usando NFC
1
Asegúrese de que os dous dispositivos teñen a función NFC activada e que as
dúas pantallas están activadas.
2
Para ver as fotos e os vídeos no seu dispositivo, vaia a Pantalla de inicio, pulse ,
e despois localice e pulse
Álbum.
3
Pulse a foto ou vídeo que desexe compartir.
4
Manteña ben preto o seu dispositivo e o dispositivo receptor, de xeito que se
toquen as áreas de detección NFC dos dous dispositivos. Cando os dispositivos
se conectan, aparece unha miniatura da foto ou do vídeo.
5
Pulse na miniatura para iniciar a transferencia.
6
Cando a transferencia remata, a foto ou o vídeo gárdanse no dispositivo receptor
e amósanse na pantalla.
Para compartir un enderezo web con outro dispositivo usando NFC
1
Asegúrese de que os dous dispositivos teñen a función NFC activada e que as
dúas pantallas están activadas.
2
Desde a súa Pantalla de inicio, pulse .
3
Para abrir o navegador web, localice e pulse .
4
Cargue a páxina web que desexa compartir.
5
Manteña ben preto o seu dispositivo e o dispositivo receptor, de xeito que se
toquen as áreas de detección NFC dos dous dispositivos. Cando os dispositivos
se conectan, aparece unha miniatura da páxina web.
6
Pulse na miniatura para iniciar a transferencia.
7
Cando a transferencia remate, na pantalla do dispositivo receptor se amosa a
páxina web.
Escanear etiquetas NFC
O seu dispositivo pode escanear varios tipos de etiquetas NFC. Por exemplo, pode
escanear etiquetas incluidas nun póster, nun valado de publicidade ou nun produto
dunha tenda. Pode recibir información adicional, como un enderezo web.
126
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Escanear unha etiqueta NFC
1
Asegúrese de que o seu dispositivo ten a función NFC activada e que a pantalla
estea activada.
2
Coloque o seu dispositivo sobre a etiqueta para que a área de detección NFC a
toque. O seu dispositivo escanea a etiqueta e amosa o contido recollido. Pulse no
contido da etiqueta para abrilo.
Conectar a un dispositivo NFC compatible
Pode conectar o seu dispositivo a outros dispositivos NFC compatibles fabricados por
Sony, como altofalante ou auriculares. Cando estableza este tipo de conexión, tome
como referencia a Guía do usuario do dispositivo compatible para obter máis
información.
É posible que precise ter activada a Wi-Fi ou o Bluetooth® en ambos os dous dispositivos
para que a conexión funcione.