Sony Xperia M4 Aqua - Descarga de aplicacións dende Google Play™‎

background image

Descarga de aplicacións dende Google Play™

Google Play™ é a tenda en liña oficial de Google para descargar aplicacións, xogos,

música, películas e libros. Contén aplicacións de balde e de pago. Antes de efectuar

descargas de Google Play™, asegúrese de dispoñer dunha conexión á Internet

operativa, preferentemente mediante Wi-Fi, para limitar os custos polo tráfico de datos.

Para usar Google Play™, cómpre dispoñer dunha conta de Google™. É posible que Google

Play™ non estea dispoñible en todos os países ou rexións.

Para descargar unha aplicación de Google Play™

1

Desde a

Pantalla de inicio pulse .

2

Localice e pulse

Play Store.

3

Localice un elemento que desexe descargar navegando polas categorías ou

usando a función de procura.

4

Pulse o elemento para ver os seus detalles e siga as instrucións para completar a

instalación.

Algunhas aplicacións poden precisar acceso a datos, configuración e varias funcións do seu

dispositivo para funcionar de xeito apropiado. Só instale e conceda permiso a aplicacións nas

que confíe. Pode consultar os permisos concedidos a unha aplicación descargada e, ademais,

pode cambiar o seu estado pulsando sobre a aplicación en

Axustes > Aplicacións.