Descargar aplicacións doutras fontes
Cando o dispositivo estea configurado para permitir descargas doutras fontes distintas
de Google Play™, pode descargar aplicacións directamente doutros sitios web seguindo
as instrucións de descarga correspondentes.
A instalación de aplicacións de orixe descoñecida ou pouco fiable pode danar o dispositivo.
Descargue aplicacións só de fontes fiables. Se ten calquera dúbida ou pregunta, póñase en
contacto co fornecedor da aplicación.
Se está a utilizar un dispositivo con varios usuarios, só o propietario, é dicir, o usuario
principal, pode permitir as descargas doutras fontes distintas de Google Play™. Os cambios
establecidos polo propietario afectan aos demais usuarios.
Para permitir a descarga de aplicacións doutras fontes
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Seguridade.
3
Arrastre o control desprazable situado a carón de
Fontes descoñecidas á dereita.
4
Pulse
Aceptar.
Algunhas aplicacións poden precisar acceso a datos, configuración e varias funcións do seu
dispositivo para funcionar de xeito apropiado. Só instale e conceda permiso a aplicacións nas
que confíe. Pode consultar os permisos concedidos a unha aplicación descargada e, ademais,
pode cambiar o seu estado pulsando sobre a aplicación en
Axustes > Aplicacións.
45
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.