Sony Xperia M4 Aqua - Personalización do teclado en pantalla

background image

Personalización do teclado en pantalla

Ao introducir texto usando o teclado en pantalla, pode acceder á configuración do

teclado ou aos axustes de entrada de texto que lle axudan, por exemplo, a establecer

opcións de idiomas de escritura, predición de texto e corrección. Pode obter suxestións

de palabras para un idioma se desactiva a característica de detección de idioma

intelixente.
O teclado pode utilizar texto que teña escrito en servizos de mensaxería e noutras

aplicacións para aprender o seu estilo de escritura. Tamén hai unha Guía de

personalización que o leva a través da configuración máis básica para comezar

rapidamente. Pode seleccionar outros teclados e cambiar entre eles. Por exemplo, pode

seleccionar o teclado chinés de Xperia™ ou o teclado xaponés de Xperia™.

Para acceder á configuración do teclado en pantalla

1

Cando introduza texto mediante o teclado en pantalla, pulse

.

2

Pulse e logo

Axustes do teclado e cambie os axustes como desexe.

3

Para engadir un idioma de escritura para a entrada de texto, pulse

Idiomas de

escritura e marque as caixas de verificación correspondentes.

Para cambiar os axustes de suxestión de palabras

1

Cando introduza texto mediante o teclado en pantalla, pulse

.

2

Pulse e logo

Axustes do teclado> Palabras suxeridas.

3

Seleccione unha opción.

Para cambiar o idioma de escritura usando o teclado en pantalla

Esta función só está dispoñible se engadiu máis dun idioma de entrada e a función de

detección de idioma intelixente está desactivada, ou se os idiomas seleccionados inclúen

idiomas non latinos.

Cando insira texto co teclado en pantalla, pulse a icona de idioma de escritura

para cambiar entre os idiomas de escritura seleccionados. Por exemplo, pulse

ata que apareza o idioma de escritura desexado.

Para cambiar as opcións de Usar o meu estilo de escritura

1

Cando introduza texto mediante o teclado en pantalla, pulse

.

2

Pulse ,

Axustes do teclado > Usar o meu estilo de escritura e seleccione unha

opción.

Para cambiar os axustes de detección de idioma intelixente

Para usar a detección de idioma intelixente, é preciso seleccionar máis dun idioma en

Idiomas

de escritura. Teña tamén en conta que soamente se poden utilizar idiomas con alfabeto latino.

1

Cando se amose o teclado en pantalla, pulse

.

2

Pulse e logo

Axustes do teclado.

3

Para activar e desactivar a función de detección de idioma intelixente, arrastre o

control desprazable que está situado a carón de

Detección intelixente do idioma

á posición de activada ou desactivada.

69

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para seleccionar unha variante de deseño de teclado

É posible que as variantes de deseño do teclado en pantalla non estean dispoñibles en todos

os idiomas de escritura. Pode seleccionar diferentes deseños de teclado para cada idioma de

escritura.

1

Cando introduza texto mediante o teclado en pantalla, pulse

.

2

Pulse e logo pulse

Axustes do teclado.

3

Pulse

Idiomas de escritura e logo pulse ao lado dun idioma de escritura.

4

Seleccione unha variante de deseño de teclado.

5

Pulse

Aceptar para confirmar.

Para seleccionar un teclado diferente

1

Cando insira texto co teclado en pantalla, pulse

na parte inferior dereita da

pantalla.

2

Seleccione unha opción.

Para activar máis opcións do teclado, pulse

Máis teclados e logo arrastre cara á dereita os

controis desprazables correspondentes.

70

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.