Axustes de Internet e MMS
Para poder enviar mensaxes multimedia ou acceder á Internet cando non hai ningunha
rede Wi-Fi dispoñible, cómpre ter unha conexión de datos móbiles activa e cos axustes
correctos de Internet e servizo de mensaxes multimedia (MMS). Consellos:
•
Na maioría de redes e operadores, os axustes da Internet e MMS veñen preinstalados
no dispositivo. Pode comezar a usar a Internet e a enviar mensaxes multimedia neste
intre.
•
É posible descargar os axustes de Internet e MMS posteriormente no menú Axustes.
•
Pode engadir, cambiar ou eliminar manualmente os axustes da Internet e MMS no
dispositivo cando o desexe. Se cambia ou elimina un axuste de Internet ou MMS por
equivocación, descargue de novo os axustes de Internet e MMS.
•
Se non pode acceder a Internet a través dunha rede móbil ou se non funciona a
mensaxería multimedia, aínda que os axustes de Internet e MMS se descargasen
correctamente no dispositivo, consulte os consellos para a resolución de problemas
para o seu dispositivo en
www.sonymobile.com/support/
para obter información sobre
problemas de cobertura de rede, datos móbiles e MMS.
Se o modo STAMINA está activado para aforrar enerxía, todo o tráfico de datos móbiles
deterase cando a pantalla estea apagada. Se isto provoca problemas de conexión, pode
excluír algunhas aplicacións e servizos da pausa ou desactivar temporalmente o modo
STAMINA. Para obter máis información, consulte
Batería e xestión da enerxía
na páxina 36.
Se está a compartir un dispositivo con varios usuarios, só o propietario, é dicir, o usuario
principal, pode descargar os axustes de mensaxería e Internet no menú Axustes, pero os
axustes descargados aplicaranse a todos os usuarios.
Descargar axustes de Internet e MMS
1
Dende a súa
Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Máis > Axustes da Internet.
3
Pulse
Aceptar. Unha vez que descargue os axustes con éxito, aparecerá na
barra de estado e o tráfico de datos móbiles activarase automaticamente.
Se non é posible descargar os axustes no dispositivo, comprobe a intensidade do sinal da
rede móbil. Vaia a un lugar aberto sen obstáculos ou achéguese a unha ventá e ténteo de
novo.
46
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para engadir manualmente a configuración da Internet e MMS
1
Dende a súa
Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Máis > Redes móbiles.
3
Pulse
Nomes de puntos de acceso > .
4
Pulse
Nome e insira o nome que desexe.
5
Pulse
APN e insira o nome do punto de acceso.
6
Introduza a información que se lle requira. Se non sabe que información é
necesaria, contacte co seu operador de rede para obter máis detalles.
7
Cando remate, pulse , logo pulse
Gardar.
Para ver os axustes de Internet e MMS descargados
1
Dende a súa
Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Máis > Redes móbiles.
3
Pulse
Nomes de puntos de acceso.
4
Para ver máis detalles, pulse calquera dos elementos dispoñibles.