Sony Xperia M4 Aqua - Compartir a conexión de datos móbiles

background image

Compartir a conexión de datos móbiles

Hai varios xeitos de compartir a conexión de datos móbiles con outros dispositivos:

Uso do móbil como router por USB: use un cable USB para compartir a conexión de

datos móbiles cun ordenador.

Uso do móbil como router por Bluetooth®: comparta vía Bluetooth® a conexión de

datos móbiles con ata cinco dispositivos.

Punto de conexión portátil por Wi-Fi: comparta simultaneamente a conexión de datos

móbiles con ata 8 dispositivos, incluídos os que admiten a tecnoloxía WPS.

Para compartir a conexión de datos usando un cable USB

1

Desactive todas as conexións por cable USB ao dispositivo.

2

Co cable USB fornecido co seu dispositivo, conecte o dispositivo a un ordenador.

3

Dende a súa

Pantalla de inicio, pulse .

4

Localice e pulse

Axustes > Máis > Móbil como router e punto con. port..

5

Arrastre cara á dereita o control desprazable situado a carón de

Uso do móbil

como router USB e logo, en caso de que llo pidan, pulse Aceptar. aparece na

barra de estado ao conectarse.

6

Para deixar de compartir a súa conexión de datos, pulse o control desprazable

Uso do móbil como router USB ou desconecte o cable USB.

Non pode compartir a conexión de datos do seu dispositivo e a tarxeta SD cun cable USB ao

mesmo tempo.

49

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para compartir a súa conexión de datos móbiles con outro dispositivo Bluetooth®

1

Asegúrese de que o seu dispositivo e o dispositivo Bluetooth® están

emparellados e que o tráfico de datos móbiles está activado no seu dispositivo.

2

O seu dispositivo: Dende a súa Pantalla de inicio, pulse .

3

Localice e pulse

Axustes > Máis > Móbil como router e punto con. port. e logo

pulse o control desprazable que está situado a carón de

Ancoraxe por Bluetooth

para habilitar a función.

4

Dispositivo Bluetooth®: Configure o dispositivo de xeito que obteña a súa

conexión de rede con Bluetooth®. Se o dispositivo é un ordenador, consulte as

instrucións pertinentes para rematar a configuración. Se o dispositivo funciona co

sistema operativo Android™, vaia a

Axustes > Bluetooth > Dispositivos

asociados e pulse a icona de axustes que está situada a carón do nome do

dispositivo co que está asociado; despois, marque a caixa de verificación

Acceso

á Internet.

5

O seu dispositivo: Pulse Axustes a carón do dispositivo emparellado. A

continuación, marque a caixa de verificación de acceso a Internet. Agarde a que

apareza na barra de estado. Cando apareza, significará que a configuración

está completada.

6

Para deixar de compartir a súa conexión móbil de datos, desmarque a caixa de

verificación

Ancoraxe por Bluetooth.

A función

Ancoraxe por Bluetooth desactívase cada vez que se apaga o dispositivo ou se

desactiva a función Bluetooth®.

Para obter máis información sobre a asociación e a activación de datos móbiles, consulte

Para asociar o seu dispositivo a outro dispositivo Bluetooth®

na páxina 128 e

Para engadir

unha rede privada virtual (VPN)

na páxina 53.

Para usar o dispositivo como un punto de conexión Wi-Fi portátil

1

Dende a súa Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Máis > Móbil como router e punto con. port..

3

Pulse

Axustes do punto de conexión portátil > Configurar punto de conexión Wi-

Fi.

4

Introduza a información de

Nome de rede (SSID).

5

Para seleccionar un tipo de seguridade, pulse o campo

Seguridade. Se é

necesario, introduza un contrasinal.

6

Pulse

Gardar.

7

Pulse e arrastre cara á dereita o control desprazable que está situado a carón

de

Punto de conexión portátil.

8

En caso necesario, pulse

Aceptar para confirmar. aparece na barra de estado

cando o punto de conexión Wi-Fi portátil está activado.

9

Para deixar de compartir a súa conexión a través de Wi-Fi, arrastre á esquerda o

control desprazable que está a carón de

Punto de conexión portátil.

Permitir que un dispositivo compatible con WPS use a súa conexión móbil de datos

1

Asegúrese de que o dispositivo funciona como un punto de conexión portátil por

Wi-Fi.

2

Dende a súa

Pantalla de inicio, pulse .

3

Localice e pulse

Axustes > Máis > Móbil como router e punto con. port. >

Axustes do punto de conexión portátil.

4

Pulse o control desprazabre

Detectable para activar a función.

5

En

Configurar punto de conexión Wi-Fi, asegúrese de que o punto de conexión

portátil está protexido por un contrasinal.

6

Pulse

Botón de comando WPS e siga as instrucións pertinentes. Tamén pode

pulsar >

Entrada de PIN WPS e introducir o PIN que aparece no dispositivo

compatible con WPS.

50

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para renomear ou fixar o seu punto de conexión portátil

1

Dende a

Pantalla de inicio pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Máis > Móbil como router e punto con. port..

3

Pulse

Axustes do punto de conexión portátil > Configurar punto de conexión Wi-

Fi.

4

Introduza o

Nome de rede (SSID) da rede.

5

Para seleccionar un tipo de seguridade, pulse o campo

Seguridade.

6

Se é necesario, introduza un contrasinal.

7

Pulse

Gardar.