Listas de reprodución
Na pantalla de inicio de Música, pode crear as súas propias listas de reprodución desde
a música gardada no dispositivo.
Para crear listas de reprodución propias
1
Na pantalla de inicio de Música, toque e manteña o nome do álbum ou a canción
que desexe engadir a unha lista de reprodución.
2
No menú que se abre, pulse
Engadir á lista de reprodución > Crear nova lista de
reprodución.
3
Introduza un nome para a lista de reprodución e pulse
Acept..
Tamén pode abrir o menú da pantalla de inicio da música, pulsar
Listas de reprodución, e logo
pulsar para crear unha nova lista de reprodución.
95
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para reproducir as súas propias listas de reprodución
1
Abra o menú de Música e logo pulse
Listas de reprodución.
2
En
Listas de reprodución, seleccione a lista de reprodución que desexe abrir.
3
Se desexa reproducir todas as cancións, pulse calquera canción ou
Mesturar
todas.
Engadir cancións a unha lista de reprodución
1
Abra a pantalla de inicio de Música e navegue ata a canción ou o álbum que
desexe engadir a unha lista de reprodución.
2
Toque e manteña o título do álbum ou da canción e logo pulse
Engadir á lista de
reprodución.
3
Pulse no nome da lista de reprodución á que desexa engadir o álbum ou a
canción. O álbum ou a canción engádese agora á lista de reprodución.
Para eliminar unha canción dunha lista de reprodución
1
Nunha lista de reprodución, toque e manteña premido o título da canción que
desexe eliminar.
2
Pulse
Eliminar da lista de reprodución.
É posible que non poida eliminar unha canción que está gardada na tarxeta de memoria ou no
almacenamento interno do seu dispositivo.
Eliminar unha lista de reprodución
1
Abra o menú de Música e logo pulse
Listas de reprodución.
2
Toque e manteña a lista de reprodución que desexe eliminar.
3
Pulse
Eliminar.
4
Pulse
Eliminar de novo para confirmar.
Non pode eliminar as listas de reprodución intelixentes.