Acender o dispositivo por primeira vez
É recomendable cargar a batería durante polo menos 30 minutos antes de acender o
dispositivo por vez primeira. Pode seguir usando o dispositivo mentres está a cargar,
vexa
Cargar o seu dispositivo
na páxina 35.
A primeira vez que acende o dispositivo, ábrese unha guía de configuración para
axudarlle a configurar os axustes básicos, personalizar o dispositivo e iniciar sesión
nalgunhas contas, por exemplo, unha conta de Google™.
Para acender o dispositivo
1
Manteña premida a tecla de acendido ata que o dispositivo vibre.
2
Introduza o PIN da súa tarxeta SIM cando lle sexa requirido e logo pulse
.
3
Agarde durante un intre mentres o dispositivo se inicia.
Para apagar o dispositivo
1
Manteña premida a tecla de acendido ata que se abra o menú de opcións.
2
No menú de opcións pulse
Apagar.
O dispositivo pode tardar un anaco en apagarse.