Acerca desta Guía do usuario
Esta é a
Xperia™ M4 AquaGuía do usuario para a versión de software Android™ 6.0.
Se non está seguro de que versión de software executa o dispositivo, pode comprobalo
no menú Configuración.
As actualizacións das aplicacións e do sistema poden presentar as funcións do seu
dispositivo dun xeito diferente ao descrito na Guía do usuario. Pode que a actualización non
afecte á versión Android™. Para obter máis información sobre as actualizacións de software,
consulte
Actualizar o dispositivo
na páxina 38.
Para comprobar a versión actual do software do seu dispositivo
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Acerca do teléfono > Versión do firmware.
Limitacións en servizos e características
Non todas as redes ou operadores de rede admiten todos os servizos e características
descritos nesta Guía do usuario, nin se admiten en todos os países nin en todas as
rexións. O número de emerxencia internacional GSM pode usarse en todos os países,
rexións e redes, así como mediante todos os fornecedores de servizos, sempre e cando
o dispositivo estea conectado a unha rede móbil. Contacte co seu operador de rede ou
fornecedor de servizos para determinar a dispoñibilidade dun servizo ou característica
específicos e para saber se se lle cobran custos adicionais polo uso ou acceso
adicional.
O uso de determinadas características e aplicacións descritas nesta guía pode requirir
acceso á Internet. A conexión á Internet dende o seu dispositivo pode implicar custos
pola transmisión de datos. Contacte co seu operador de rede sen fíos para obter máis
información.