Escoitar a radio
A radio FM do seu dispositivo funciona como calquera outra radio FM. Por exemplo,
pode buscar e escoitar emisoras de radio FM e gardalas entre as favoritas. Debe
conectar un equipo auricular con cable ou uns cascos ao dispositivo para poder usar a
radio. Isto débese a que o equipo auricular ou os cascos funcionan como antena.
Despois de conectar un destes dispositivos, pode pasar o son ao altofalante, se o
desexa.
1
Lista Favoritos
2
Botón de acender/apagar a radio
3
Ver as opcións do menú
4
Frecuencia sintonizada
5
Gardar ou eliminar unha emisora dos favoritos
6
Dial
7
Banda de frecuencia: arrastrar cara á esquerda ou á dereita para moverse entre emisoras
8
Mover a banda de frecuencia cara arriba para buscar unha emisora
9
Unha emisora gardada como favorita
10 Mover a banda de frecuencia cara abaixo para buscar unha emisora
Para escoitar a radio FM
1
Conecte un equipo auricular ou un xogo de cascos ao dispositivo.
2
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
3
Localice e pulse
Radio FM . As emisoras dispoñibles aparecen segundo avanza
pola banda de frecuencia.
Ao iniciar a radio FM aparecen automaticamente as emisoras dispoñibles. Se unha emisora
ten información RDS, esta información aparece uns segundos despois de empezar a escoitar
a emisora.
Para desprazarse entre as emisoras de radio
•
Arrastre a banda de frecuencia cara á dereita ou á esquerda.
Para iniciar unha nova procura de canles de radio
1
Cando a radio estea aberta, pulse .
2
Pulse
Buscar canles. A radio buscará en toda a banda de frecuencia e marcará
tódalas canles dispoñibles.
99
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para cambiar o son da radio ao altofalante
1
Cando a radio estea aberta, prema .
2
Pulse
Reprod. en altofalante.
Para cambiar o son de novo para que se emita a través do equipo auricular con cable ou
mans libres, prema e pulse
Repr. nos auriculares.
Para identificar unha canción na radio FM usando TrackID™
1
Mentres a canción se está a reproducir na radio FM do seu dispositivo, pulse , e
despois seleccione
TrackID™.
2
Aparece un indicador de progreso mentres a aplicación TrackID™ recolle mostras
da canción. Se consegue identificala, aparecerá o resultado ou unha lista de
posibles resultados.
3
Para volver á radio FM, pulse .
Non todas as redes ou fornecedores de servizos de todas as áreas admiten a aplicación
TrackID™ e o servizo TrackID™, nin se admiten en todos os países nin en todas as rexións.