Atopar o número de identificación do dispositivo
O seu dispositivo ten un número de identificación único. Este número recibe o nome de
IMEI (Identificación Internacional de Equipo Móbil). Debe gardar unha copia deste
número. Pode que o precise, por exemplo, para acceder ao servizo de atención ao
cliente de Xperia™ Care para rexistrar o seu dispositivo. Así mesmo, se lle rouban o
dispositivo, algúns fornecedores de rede poden usar este número para evitar que o seu
dispositivo acceda á rede no seu país.
Ver o número EMEI na bandexa da etiqueta
18
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
1
Separe a tapa da rañura da tarxeta de memoria.
2
Insira a punta dun clip desdobrado ( ou un obxecto similar cunha punta fina e
longa) no burato da bandexa da etiqueta e a continuación, arrastre a bandexa
cara ao exterior. O número IMEI amósase na bandexa.
Para ver o número IMEI, tamén pode abrir o marcador do teléfono e introducir
*#06#
.
Para ver o número EMEI a través dos axustes do dispositivo
1
Dende a súa
Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Acerca do teléfono > Estado > Información de IMEI.