Sony Xperia M4 Aqua - Bloqueo de pantalla

background image

Bloqueo de pantalla

na páxina 12.

Engada unha conta de Google™ para evitar que outros usen o seu dispositivo se llo

rouban ou se borran a súa memoria. Para obter máis información, consulte

Por que

necesito unha conta de Google™?

na páxina 10.

Active a “Protección my Xperia” ou o servizo web do Administrador de dispositivos

Android™. Cun destes servizos pode localizar, borrar o contido ou formatear de forma

remota un dispositivo perdido. Para obter máis información, consulte

Localizar un

dispositivo perdido

na páxina 19.

Verificar a propiedade do seu dispositivo

Certas características de seguridad requírenlle desbloquear a pantalla cun PIN, un

contrasinal, un padrón ou introducir a información da súa conta de Google™. A

continuación aparecen exemplos de funcións de protección e algunhas das credenciais

requiridas:

Protección contra

restablecemento de

datos de fábrica

Debe desbloquear a pantalla para poder realizar un restablecemento de datos de

fábrica.

Protección con my

Xperia

Se restablece o seu dispositivo de xeito remoto con este servizo, debe inserir o

nome de usuario e o contrasinal da conta de Google™ asociada co servizo. O

dispositivo debe conectarse a Internet para poder completar o proceso de

configuración. Se non, non poderá usar o dispositivo despois do restablecemento.

Xestor de dispositivos

Android™

Se restablece o seu dispositivo de xeito remoto con este servizo, debe inserir o

nome de usuario e o contrasinal da conta de Google™. O dispositivo debe

conectarse a Internet para poder completar o proceso de configuración. Se non,

non poderá usar o dispositivo despois do restablecemento.

Reparación de software

Se usa o software Xperia™ Companion para realizar unha reparación de software,

solicitaráselle que introduza o nome de usuario e o contrasinal da conta de

Google™ ao iniciar o dispositivo despois de completar a reparación.

Para o Xestor de dispositivos Android™, cómpre inserir a información dunha conta de

Google™. Pode ser calquera conta Google™ que estea configurada no dispositivo. Se non

pode fornecer a información da conta correspondente durante o proceso de configuración,

non poderá usar o dispositivo.

Bloqueo de pantalla

Existen varias opcións de bloqueo de pantalla dispoñibles: O nivel de seguridade de

cada tipo de bloqueo aparece indicado debaixo en orde de máis débil a máis forte:

Pasar o dedo: sen protección, pero ten acceso rápido á pantalla de inicio.

Padrón: debuxe un padrón sinxelo co dedo para desbloquear o dispositivo.

PIN: introduza un PIN numérico de polo menos catro díxitos para desbloquear o

dispositivo.

Contrasinal: introduza un contrasinal alfanumérico para desbloquear o dispositivo.

É moi importante que lembre o padrón de desbloqueo da pantalla, o PIN ou o contrasinal. Se

esquece esta información, é posible que non poida restaurar datos importantes, como

contactos e mensaxes.

Se configurou unha conta de Microsoft® Exchange ActiveSync® (EAS) no seu dispositivo

Xperia™, a configuración de seguridade de EAS pode limitar o tipo de pantalla de bloqueo a

12

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

só un PIN ou contrasinal. Isto acontece cando o administrador da rede especifica un tipo de

bloqueo de pantalla para todas as contas EAS por razóns de seguridade. Contacte co

administrador de rede da súa compañía ou organización para comprobar se están aplicadas

as directivas de seguridade na rede para dispositivos móbiles.

Para cambiar o tipo de bloqueo de pantalla

1

Desde a pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Seguridade > Bloqueo de pantalla.

Para crear un patrón de bloqueo de pantalla

1

Desde a pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Seguridade > Bloqueo de pantalla > Patrón.

3

Siga as instrucións indicadas no dispositivo.

Se o patrón de bloqueo se rexeita cinco veces consecutivas ao tentar desbloquear o

dispositivo, debe agardar 30 segundos antes de poder tentalo de novo.

Para cambiar o patrón de bloqueo de pantalla

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Seguridade > Bloqueo de pantalla.

3

Debuxe o seu patrón de desbloqueo de pantalla.

4

Pulse

Patrón e siga as instrucións do dispositivo.

Para crear un PIN de bloqueo de pantalla

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Seguridade > Bloqueo de pantalla > PIN.

3

Insira un PIN numérico e logo pulse

Continuar.

4

Insira de novo e confirme o seu PIN, e logo pulse

Aceptar.

5

Siga as instrucións indicadas no dispositivo.

Crear un contrasinal de bloqueo de pantalla

1

Dende a súa Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Seguridade > Bloqueo de pantalla > Contrasinal.

3

Insira un contrasinal e logo pulse

Continuar.

4

Insira de novo e confirme o seu contrasinal, logo pulse

Aceptar.

Para activar a función de desbloqueo pasando o dedo

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Seguridade > Bloqueo de pantalla.

3

Debuxe o patrón de desbloqueo da pantalla ou insira o PIN ou contrasinal se está

activado algún deses tipos de bloqueo de pantalla.

4

Pulse

Pasar o dedo.

Restablecer un bloqueo de pantalla esquecido

Se esqueceu o seu PIN de bloqueo de pantalla, contrasinal ou patón, pode restauralo

usando o servizo Protection by my Xperia. Non se perderá o contido do seu dispositivo

ao restablecer o bloqueo de pantalla usando este servizo.
Para activar o servizo Protection by my Xperia, visite

Localizar un dispositivo perdido

na

páxina 19.

13

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Restaurar a pantalla de bloqueo usando o servizo Protection by my Xperia

1

Asegúrese de que coñece o nome de usuario e o contrasinal da súa conta

Google™ e de que ten o servizo Protection by my Xperia no seu dispositivo.

2

Vaia a

myxperia.sonymobile.com

usando un dispositivo conectado a Internet.

3

Inicie sesión usando a mesma conta de Google™ que teña configurada no seu

dispositivo.

4

Faga clic na imaxe do seu dispositivo baixo

Os seus dispositivos.

5

Seleccione

Bloquear ou Cambiar PIN2 para reemplazar o bloqueo de pantalla

actual cun novo código PIN.

6

Siga as instrucións que aparecen na pantalla proporcionadas por Protection by

my Xperia.

En función dos seus axustes de seguridade, o dispositivo pode bloquearse despois de

restablecer o bloqueo de pantalla. Nese caso é preciso inserir o nome de usuario e o

contrasinal da súa conta Google™ para poder usar o dispositivo.