Localizar un dispositivo perdido
Se dispón dunha conta de Google™, o servizo web “Protection by my Xperia” pódelle
axudarlle a localizar e asegurar o seu dispositivo se algunha vez o perde. Se activou este
servizo no seu dispositivo, poderá:
•
Localizar o seu dispositivo nun mapa.
•
Establecer un aviso incluso se o dispositivo está en modo Non molestar.
•
Bloquear de xeito remoto o dispositivo e facer que amose a súa información de contacto
a calquera que o atope.
•
Como derradeiro recurso, pode borrar as memorias externa e interna do dispositivo de
xeito remoto.
Se borrou a memoria interna no dispositivo usando o servizo web “Protection by my Xperia”, a
próxima vez que acenda o dispositivo, debe iniciar sesión na conta de Google™ que
sincronizou anteriormente neste mesmo dispositivo.
É posible que o servizo "Protection by my Xperia" non estea dispoñible en todos os países ou
rexións.
Para activar Protección por my Xperia
1
Asegúrese de que ten a conexión de datos activada e active os servizos de
localización no seu dispositivo.
2
Dende a súa Pantalla de inicio, pulse .
3
Localice e pulse
Axustes > Seguridade > Protección por my Xperia > Activar.
4
Marque a caixa de verificación para aceptar os termos e condicións do servizo,
logo pulse
Aceptar.
5
Se é necesario, inicie sesión na súa conta de Google™ ou cree unha nova conta,
se non ten unha.
6
Para verificar que o servizo Protección por my Xperia pode localizar o dispositivo,
vaia a
myxperia.sonymobile.com
e inicie sesión usando a conta de Google™ que
está usando no seu dispositivo.
Se está a compartir un dispositivo con varios usuarios, lembre que o servizo de Protección
con my Xperia só está dispoñible para o usuario que inicia sesión como propietario.
Localización dun dispositivo perdido co Administrador de dispositivos
Android™
Google™ ofrece un servizo web de localización e seguridade chamado Administrador de
dispositivos Android™. Pode usalo xunto con, ou como alternativa a, o servizo my
19
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Xperia. Se perde o seu dispositivo, pode usar o Administrador de dispositivos Android™
para:
•
Buscar e amosar onde está o seu dispositivo.
•
Facer soar ou bloquear o dispositivo, borrar todo o que hai nel ou engadir un número de
teléfono á pantalla de bloqueo.
Para obter máis información sobre o Administrador de dispositivos Android™, vaia a
www.support.google.com
.
O Administrador de dispositivos Android™ non funciona se o dispositivo está apagado ou se
non ten conexión a internet. É posible que o servizo do Administrador de dispositivos
Android™ non estea dispoñible en todos os países ou rexións.
Activar Administrador de dispositivos Android™
1
Se está a usar un dispositivo con varios usuarios, asegúrese de que iniciou sesión
como propietario.
2
Asegúrese de que ten unha conexión de datos activa e de que os servizos de
localización están activados.
3
Dende a Pantalla de inicio, pulse .
4
Localice e pulse
Axustes > Google > Seguridade.
5
Arrastre ata a posición os controis desprazables que están a carón de
Localizar
remotamente este dispositivo e Permitir bloqueo e borrado remoto.
6
Se se lle solicita, acepte os termos e condicións pulsando
Activar.
7
Para comprobar que o Administrador de dispositivos Android™ pode localizar o
seu dispositivo tras activar o servizo, vaia a
www.android.com/devicemanager
e
inicie sesión coa súa conta de Google™.
20
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.