Protección da tarxeta SIM
Pode bloquear e desbloquear cada tarxeta SIM que utilice no seu dispositivo cun PIN
(número de identificación persoal). Cando unha tarxeta SIM está bloqueada, a
subscrición ligada á tarxeta está protexida contra uso indebido, o que significa que ten
que introducir o PIN cada vez que inicie o dispositivo.
Se insire o PIN de xeito incorrecto moitas veces, bloquearase a súa tarxeta SIM. Logo
terá que introducir o seu PUK (código de desbloqueo persoal) e un novo PIN. O
operador de rede forneceralle os códigos PIN e PUK.
Para configurar o bloqueo dunha tarxeta SIM
1
Dende a pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Seguridade > Configurar o bloqueo da tarxeta SIM.
3
Arrastre o control desprazable a carón de
Bloquear a tarxeta SIM ata a posición
de acendido.
4
Introduza o PIN da tarxeta SIM e pulse
Aceptar. O bloqueo da tarxeta SIM agora
está activado e pediráselle que introduza este bloqueo cada vez que reinicie o
dispositivo.
Para cambiar o PIN da tarxeta SIM
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Seguridade > Configurar o bloqueo da tarxeta SIM.
3
Pulse
Cambiar o PIN da SIM.
4
Insira o PIN antigo da tarxeta SIM e pulse
ACEPTAR.
5
Insira o novo PIN da tarxeta SIM e pulse
ACEPTAR.
6
Volva escribir o novo PIN da tarxeta SIM e pulse
ACEPTAR.
Para desbloquear unha tarxeta SIM bloqueada
1
Introduza o código PUK e pulse
.
2
Introduza un novo código PIN e pulse
.
3
Volva introducir o código PIN novo e pulse
.
Se introduce un código PUK incorrecto demasiadas veces, a tarxeta SIM bloquéase. Se
sucede isto, contacte co seu fornecedor de servizos para obter unha nova tarxeta SIM.