Sincronización con contas en liña
Sincronice o dispositivo con contactos, correo electrónico, eventos de calendario e outra
información de contas en liña. Por exemplo, pode sincronizar contas de correo
electrónico como Gmail™, Exchange ActiveSync, Facebook™ e Flickr™. Pode
sincronizar automaticamente os datos de todas estas contas se activa a función de
sincronización automática. Non obstante, tamén pode sincronizar cada conta de xeito
manual.
Para configurar unha conta en liña para sincronizar
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Pulse
Axustes > Contas > Engadir conta e logo seleccione a conta que quere
engadir.
3
Siga as instrucións para crear unha conta ou inicie sesión se xa dispón dunha.
Sincronizar manualmente cunha conta en liña
1
Desde a súa Pantalla de inicio, pulse >
Axustes > Contas.
2
En
Contas, pulse o nome da conta coa que desexe sincronizar. Aparecerá unha
lista de elementos que amosa que se pode sincronizar coa conta.
3
Pulse os elementos que desexa sincronizar.
Eliminar unha conta en liña
1
Desde a súa Pantalla de inicio, pulse >
Axustes > Contas.
2
En
Contas, pulse o nome da conta que desexe eliminar.
3
Pulse e, a continuación, pulse
Eliminar conta.
4
Pulse
Eliminar conta de novo para confirmar.