Uso do tráfico de datos durante as viaxes
Cando viaxa fóra da súa rede móbil doméstica, é posible que necesite acceder a internet
con tráfico de datos móbiles. De ser o caso, cómpre activar a itinerancia de datos no
dispositivo. É posible que lle cobren unha tarifa adicional cando active a itinerancia de
datos. É recomendable comprobar de xeito anticipado as tarifas correspondentes de
transmisión de datos.
Se usa un dispositivo con múltiples usuarios, cómpre iniciar sesión como propietario, é dicir, o
usuario principal, para activar ou desactivar a itinerancia de datos.
Para activar ou desactivar a itinerancia de datos
1
Dende a súa
Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Máis > Redes móbiles.
3
Pulse o control desprazabre
Itinerancia de datos para activar ou desactivar a
función.
Non pode activar a itinerancia de datos cando o tráfico de datos móbiles está desactivado.